Transporte escolar

Resumo Tarxeta Nova

PARA CONSULTAR O RESUME FACER CLICK NA IMAXE

 

 

 

Transporte escolar

Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf

No curso 2020-21 as rutas de transporte Estribela-Cantodarea-Tiburcio e Alameda-Mirón-Jaime Janer pasan ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia, polo que é preciso que o alumnado usuario non lexítimo (todos os que vivan a menos de 2 kms ou fora da zona de escolarización) empregue a tarxeta de transporte Xente Nova cargada para acceder ao transporte escolar.

As zona zona de escolarización do IES Mestre Landín pode consultarse no seguinte mapa:

Zona de escolarización (usuarios lexítimos do transporte escolar sempre que vivan a máis de dous kilómetros do centro)

Se tes dúbidas sobre se necesitas a Tarxeta Xente Nova ou non, podes chamar ao centro para preguntar.

 

 

Máis información sobre a Tarxeta Xente Nova en www.bus.gal ou no teléfono 988687800.

 

Como conseguila?

  1. A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas por moitos dos concellos nos que se pode viaxar con ela. Aquí podes ver o listado de oficinas comercializadoras nas novas áreas de Pontevedra e Ourense.

  2. Para non perder tempo e facilitar que todos os usuarios obteñan a súa tarxeta o máis axiña posible, deberás solicitar cita nesta páxina.

    Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Opera, Safari ou Edge.

  3. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.

  4. Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.

  5. Acordate cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.

 

Transporte Escolar Gratuiro

TRANSPORTE ESCOLAR GRATUITO

 Segundo a Instrución 4/2019 da secretaría xeral técnica da consellería de educación, universidade e formación profesional sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2019-2020:

1.     Definitición de usuarios:

·      Usuarios lexítimos:

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.

 Do mesmo xeito, para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2019-2020.

 

·       Usuarios excepcionais: todos/as aqueles/as que non cumpran a condición do punto 1º.

 

2.     A orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

No caso de que o número de solicitantes excepcionais de prazas de transporte escolar excedan do número de prazas vacantes nos vehículos, seguirase aseguinte prelación:

Terá prioridade en primeiro lugar os alumnos que teñan irmáns e irmás escolarizadas forzosamente no centro mentres estes permanezan nel.

 

ALUMNADO DENTRO DA ZONA DE ESCOLARIZACIÓN DO IES MESTRE LANDÍN

·                En segundo lugar, o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

 

ALUMNADO FORA DA ZONA DE ESCOLARIZACIÓN DO IES MESTRE LANDIN

·                En terceiro lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil escolarizado en centro distinto do que lle corresponde por área de influencia (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

 

 Outras situacións

·                En cuarto lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil que solicite, por causa de proximidade xeográfica, a utilización do transporte dun centro distinto daquel no que está escolarizado (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

·                En quinto lugar o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados).

 ·                Finalmente, as persoas usuarias do programa TES+BUS.

 

  • Manterase o dereito do alumnado excepcional que presentou matrícula no periodo ordinario, sempre que non haxa matrículas novas de alumnado lexítimo. 

  • Pérdida de dereito:

    • Do mesmo xeito, para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2019-2020.

    • Os usuarios lexítimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario lexítimo, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar.

    • Entenderase que o usuario non fai uso continuado do transporte se acumula máis de tres ausencias inxustificadas no uso do transporte escolar.

    • Vacantes ou cambios de domicilio:

      -No caso de crearse unha modifiación no listado de usuarios léxitimos, realizarase unha nova asignación segundo a orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo indicado anteriomente.

      Petición de paradas

      O alumando ten a obriga de empregar a mesma a parada na ida e volta

      O centro poderá autorizar o cambio de ruta no caso de existir vacantes e mantendo o criterio de prelación.


 

 As rutas do centro son:

 

1.Coirados, Vista Alegre 2, Vista Alegre 1, Pardavila Canteira, Pardavila 2, Pardavila 1, Pazo Cadro,Cadrelo, Miñán 2, Miñán 1 e Pastoriza.

 

2.Jaime Janer, Alameda e Mobles Mirón.

 

3.Tiburcio, Cantoarea (Capela), Cantoarea (Todo a cen) e Estribela (farmacia).

 

 

Zonas de escolarización

 

 

CEIP do Carballal

ÁREA DE INFLUENCIA

Perímetro:

Polo norte límite do concello.

Polo oeste rúa Concepción Arenal, ambas as dúas beirarrúas ata confluencia da mesma coa rúa Pitanxo. Rúa Pitanxo (beirarúa norte). Prolongación da rúa Estivada ata confluencia co camiño Canteira (beirarrúa leste). Camiño Canteira ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa leste). Rúa Inferniño ata confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa sur), camiño Raposeiras ata intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa oeste). Rúa da Estrada entre rúa do Cementerio Vello e rúa Ezequiel Massoni (beirarrúa sur). Rúa Ezequiel Massoni dende intersección coa rúa da Estrada ata intersección con rúa Recamán (beirarrúa leste). Rúa Recamán entre intersección con rúa Ezequiel Massoni e rúa Jaime Janer (beirarrúa leste). Rúa Jaime Janer dende intersección con rúa Recamán ata a súa conversión na PO-313 (beirarrúa leste). A Estrada PO-313 dende o punto anterior ata o límite do concello incluíndose ambas beirarrúas da mesma e as confluencias á mesma.

Polo leste límite do concello. Polo sur límite do concello.

ÁREAS LIMÍTROFES

Son zonas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Laxe, CEP Sequelo e CEIP de Seixo

TRANSPORTE
1. Jaime Janer, Tiburcio, Cantoarea Capela, Cantoarea Todo a cen e Estribela farmacia. 2. Pazo Cadro, Cadrelo, Miñán, Rouco e Pastoriza.
3. Coirados, Vista Alegre 2, Vista Alegre 1, Pardavila Canteira, Pardavila e Silvestre.
4. Jaime Janer, Alameda e Muebles Mirón.

 

 

CEIP da Laxe

 

ADSCRIPCIÓN: IES Mestre Landín ÁREA DE INFLUENCIA

Perímetro:

Polo norte ría de Pontevedra

Polo oeste límite do porto comercial. Rúa da Estrada dende confluencia coa avenida de Ourense ata confluencia con rúa do Cementerio Vello (beirarrúa leste). Camiño Raposeiras dende intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa norte).

Polo leste Camiño Canteira dende confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa oeste) ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa oeste). Camiño da Canteira dende confluencia coa rúa Inferniño ata confluencia coa prolongación da rúa Estivada (beirarrúa oeste). Rúa Pitanxo dende confluencia coa rúa Estivada ata confluencia coa rúa Concepción Arenal. Rúa Concepción Arenal (excluída) ata o límite do concello.

Inclúese neste perímetro todo o porto comercial.

ÁREAS LIMÍTROFES
Son zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia dos centros: CEP Sequelo e CEIP do Carballal.

 

 

Distribuir contido