Blogues
Periodo de reclamacións
Enviado por Jconles o Mér, 26/06/2024 - 19:25O periodo de reclamacións é o 27 e o 28 de xuño.
Os demandantes teñen á súa disposición modelos de reclamación na secretaría do centro.
Información Admisión Formación Profesional
Enviado por Jconles o Mar, 11/06/2024 - 13:15Xa está publicado o procedemento de admisión para aquel alumnado que desexe realizar estudos de Formación Profesional a partir do próximo curso académico 2024-2025. No caso do alumnado que titule ao rematar 4º de ESO, poderán solicitar praza nun ciclo formativo de grao medio.
Os seguintes enlaces conteñen a información sobre dito procedemento:
1. Instrucións xerais sobre a oferta ordinaria de ciclos de grao medio e ciclos de grao superior:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10715
2. Calendario de admisión:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716
3. Folletos informativos coa oferta formativa clasificados por familia profesional:
https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp
4. Informacion xeral sobre a FP:
https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Jconles o Dom, 26/05/2024 - 16:19
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21/5/2024 a 21/6/2024 (incluídos )
ENDEREZO APLICACIÓN INFORMÁTICA: : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros
MODO DE PRESENTACIÓN:
• Electrónica: utilizando esta aplicación ( https://www.edu.xunta.gal/fondolibros ). A través da Sede Electrónica-Procedemento ED330B NOTA: na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos
• Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexo I e Anexo II producidos e presénteos no centro.
• Presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Becas
Enviado por Jconles o Lun, 01/04/2024 - 16:41Xa está aberto o prazo para solicitar as beces para o curso 2024-2025.
Tedes toda a información no seguinte enlace
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Vacantes curso 2024/2025
Enviado por Jconles o Xov, 29/02/2024 - 17:45
Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 24-25, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
Vacantes:
CURSO |
PRAZAS OFERTADAS |
VACANTES |
1º ESO |
60 |
27 |
2º ESO |
60 |
12 |
3º ESO |
60 |
21 |
4º ESO |
60 |
10 |
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requirida.
- Prazo requirimento de emenda deficiencias e documentación é 5 días hábiles.
- Prazo presentar documentación acreditativa no caso de baremar é de 10 días hábiles (a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión)
CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO
Presentación solicitudes admisión ED550B e anexo II-bis, na sede electrónica https://sede.xunta.gal/, na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou na secretaría do centro. 1 - 20 marzo
Presentación documentación complementaria: Só se hai que baremar: Documentación xustificativa doscriterios de baremo alegados na solicitude. 21 marzo - 5 abril
Publicación listaxes provisionais admisión 25 de abril
Reclamacións listaxes provisionais ante o consello escolar 26 abril – 3 maio
Publicación listaxes definitivas admisión 15 de maio
Recurso alzada listaxes definitivas ante a Xefatura Territorial contado a partir
do día seguinte ao
da súa publicación
Prazo ordinario de matrícula ESO e Bacharelato 23 xuño - 7 xullo
NOTA: As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.
Normativa de aplicación:
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Reserva de praza curso 2024-2025 centros adscritos
Enviado por Jconles o Lun, 29/01/2024 - 14:40RESERVA DE PRAZA 2024/25 centros adscritos
Aberto prazo de RESERVA de praza curso 2024-25, dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, dos nosos centros adscritos:
1º ESO: 1º Bacharelato:
CEIP Plurilungüe Carballal IES Illa de Tambo
**A reserva farase no centro de procedencia
Hai que presentar a solicitude ED550A debidamente cuberta.
Descarga a solicitude en galego facendo click aquí
Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí
O prazo de ADMISIÓN para o alumnado non procedente dos centros adscritos será do 1 ao 20 de marzo. A partir do 22 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso de admisión.
Hai que presentar a solicitude ED550B debidamente cuberta.
Descarga a solicitude en galego facendo click aquí
Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí
Pódese presentar a solicitude na secretaría do centro
Mediante sede electrónica
Mediante o aplicativo admisión alumnado
Escola de Familias CEIP Plurilingüe do Carballal
Enviado por Jconles o Xov, 09/11/2023 - 14:391ª sesión da Escola de Familias tratará sobre "Establecemento de normas e límites: disciplina positiva" e será realizada polas técnicas da Asociación Rexurdir.
Enlace para inscribirse:
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/7iooYDyYSkYf8KEF
Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/taxonomy/term/74
Concurso horto escolar
Enviado por Jconles o Mér, 18/10/2023 - 05:30Ánimate a participar no concurso máis verde!
Ruta transporte escolar 2023/2024
Enviado por Jconles o Dom, 24/09/2023 - 12:36Estas son as seguintas rutas do transporte escolar para o curso 2023/2024
Ruta Cantodarea
Ruta Muebles Mirón
Ruta Pastoriza
Prazos de matrícula
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/06/2023 - 07:34
PRAZOS DE MATRÍCULA · Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido. · Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 26 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 4 de xullo. · Na seguinte semana (do 5 ao 7 de xullo) virá a matricularse o alumnado novo de 1º ESO e de admisión dos demais cursos. Non se admitirán matrículas máis alá do 7 de xullo. |
|||
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023-2024 |
|||
|
Novas transporte
Enviado por Anónimo o Lun, 06/03/2023 - 07:09CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
Logo dos cambios na zonificación escolar remitida aos centros en xaneiro estábamos pendentes de cambios importantes nas rutas e paradas de autobús. A día de hoxe o que sabemos, é que non hai paradas fóra da nosa zona de influencia, que se viu reducida, e que podedes consultar no mapa publicado na web en breve.
Na ruta 1 de Pastoriza é a que menos cambios sufre, quedando pendente inda de confirmar paradas. Coirados, Vista Alegre (2 paradas), Pardavila (3 paradas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.
Na ruta 2 de Muebles Mirón elimínanse as paradas de Jaime Janer, xa que eran paradas excepcionais por estar a menos de 2 km. Ámbalas dúas quedan fóra da nosa nova zona. Engádense 2 novas paradas, unha no comezo de Tiro Naval Janer, e outra no Polimia (praza 8 de marzo). As paradas desta liña son: Alameda, Tiro de Naval Janer, Muebles Mirón e Polimia (Praza 8 de marzo).
Na ruta 3 de Estribela elimínase a parada de Tiburcio, por estar fora da zona de influencia, e queda coas paradas: cantodarea capela e cantodarea todo a 100.
adas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.
Proceso Admisión 2023-24
Enviado por heber o Lun, 16/01/2023 - 06:18https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
ADMISIÓN DE ALUMNADO
- TODO O ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP O CARBALLAL) QUE TEN FEITA A RESERVA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO. DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA NO MES DE XUÑO.
- Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 23-24, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
CURSO | PRAZAS OFERTADAS | VACANTES |
1º ESO | 60 | 24 |
2º ESO | 90 | 24 |
3º ESO | 90 | 23 |
4º ESO | 60 | 14 |
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requerida.
O prazo para requirimento de emenda de deficiencias e de documentación é de 5 días hábiles e o de presentación da documentación acreditativa no caso de que haxa que baremar é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
A publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido é o 25 de abril e das listaxes definitivas o 15 de maio.
As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.
Normativa de aplicación:
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.