Skip to Content

Homenaxe a D. Xesús Alonso Montero

cazon

A homenaxe ó profesor D. Xesús Alonso Montero, organizada polo IES Lucus Augusti de Lugo, será o venres, 19 de abril. Están convidados antigos alumnos e compañeiros, así como aquel que así o desexe.

Programa:

Os asistentes están citados ás 12:00 h, no vestíbulo do centro.
Ás 12:30 h celebrarase o acto de recoñecemento no salón do instituto, no que intervirán algúns dos asistentes, para posteriormente pechar o acto coas palabras do homenaxeado, lembrando o seu paso polo Instituto entre os anos 1960 e 1975.
Ás 14:30 h haberá un xantar de confraternidade no restaurante do hotel Méndez Núñez, con intervencións tamén de veciños e amigos.

 

ESPACIO PARA ADHESIÓNS

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA  AO ACTO NO IES LUCUS AUGUSTI (Pódese inscribir na ligazón ou chamando por teléfono, en horario de 16:00h – 20:00h, ao instituto no teléfono:982 828 020).

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA AO XANTAR NO HOTEL RESTAURANTE MÉNDEZ NÚÑEZ (Convén recordar que, para asistir ao xantar, débese facer a reserva con anterioridade. Data límite de inscrición o 5 de abril 2024)

 Cartaz

 



page | by Dr. Radut