Co motivo do 180 aniversario do IES Lucus Augusti o Catedrático de Xeografía e Historia Don Antonio Prado vai impartir unha conferencia “Por que foi Lugo a sede do instituto”, este mércores 30 de novembro de 2022 ás 10:25h no salón de actos do centro.
Asemade inauguraremos a nosa exposición “180 anos da nosa historia: 1842-2022” ubicada no hall do instituto.
A conferencia vaise poder seguir en directo na ligazón que se achega.