Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
| 21
| 22
| 23
| 24
| 25
Start: 25/01/2020 19:30
End: 25/01/2020 21:30
Conferencia da escritora Socorro Venegas co gallo da presentación da súa última obra "La memoria donde ardía" coa participación do editor Juan Casamayor. Organiza: Club de Letras Lucus Lugar: Salón de actos do IES Lucus Augusti Data: 25 de xaneiro de 2020 Hora: 19:30 Entrada libre ata encher aforo. "A memoria onde ardía" de Socorro Venegas é un libro de narrativa poética, 19 contos para a evocación de sentimentos persoais e intransferibles que ela ofrece como pistas encriptadas en cada un dos seus relatos. O/a lector/a debe de interpretalos e facelos seus. Notas 1. A resolución dun duelo mediante o intercambio de obxectos que evocan a ausencia, creando un novo afecto impregnado no aura do outro. A materia deconstruíndo e reconstruíndo un sentimento. 2. A tradución desde a mente virxe dunha nena da pobreza e o alcoholismo confluíndo nun soño de felicidade inalcanzable compartida. 3. O lume precipitando en bucle os recordos, todos os que están asociados ao combustible, e que permanecen ocultos na memoria. 4. A metáfora a través da construción dun lenzo que representa unha xestación que é lida por unha muller como a lembranza dun amor perdido, doutra vida. 5. Un neno e unha nena, enfermos terminais, constrúen unha realidade onírica desde a planta do hospital que os acolle. 6. As expectativas dunha nai xestante acerca do que atopará a súa crianza e como a súa actitude poderá resolver as súas dúbidas para chegar a ser "magnífico" 7. Unha invasión de escolares cegos vai colonizando un centro de ensino rexentado por monxas, a resposta do alumnado que pasa do estupor á violencia que pecha o ciclo da mutación cara á cegueira colectiva. 8. O bloqueo xeado que lle produce o duelo a unha viúva se derrete ao contacto doutra muller. 9. Unha historia de desamor invulnerable á bruxería. Ela non regresará. 10. Anagnórisis (descubrir un drama oculto no amor co que viviamos) a través da interpretación confrontada dunha película iraniana acerca de nenos buscadores de minas. 11. A mesma miseria, a falta de liberdade... Unha nai reproduce xunto aos seus fillos os seus recordos de infancia ata decidir un basta. 12. Depresión postparto. 13. Un home e unha muller. Ela só é "nai" el é un "home". 14. Un fillo non desexado, un pai suple o desafecto da nai que se desvanece #ante o reclamo dunha febril "mamá'. 15. A erótica do prohibido. Un neno sentado ás portas das cantinas. 16. Unha muller, un amante pasaxeiro, 2 homes, un lugar novo na súa vida, morte. 17. Tres mulleres, tres xeracións de soidade, unha promesa: ver o mar. Pero é tarde e innecesario. 18. O censo nun pobo illado, nenos e miseria, facer o amor fuxindo da miseria e ser espertados por ela. 19. Unha viúva amortece a dor da ausencia coa banda sonora da súa vida en parella. Quere clonar a alma do seu amor perdido | 26
|
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |