Este venres, día 27 de abril, viaxamos co alumnado de Administrativo á sede central do grupo galego Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex). Poidemos ver in situ o despliegue loxístico co que contan e tamén comprobar como dende alí xestionan a moda de medio mundo.
Emotivoencontro de Ana Peleteiro Brión co alumnado e profesorado do IES Leliadoura, que a veu converterse en campiona do mundo Júnior mentres cursaba bacharelato. Desta volta tróuxonos unha importante lección de vida, animándonos a alcanzar os nosos soños a través do esforzo e do traballo. Toda unha honra terche con nós, Ana!
O alumnado de segundo curso de Xestión Administrativa viaxou a Barcelona para participar, durante os días 14, 15 e 16 de marzo, na 13ª Feira Internacional de Empresas Simuladas 2018 que organiza a Fundació Inform para a rede de empresas simuladas SEFED e para todas as empresas
O alumnado dos ciclos formativos de Administración e Informática acudiu á IV Xornada Xuventude e Emprego celebrada en Porto do Son a primeiros do mes de abril. Esta edición estivo dedicada ao emprendemento e as súas alternativas, destacando a importancia das habilidades comunicativas no ámbito persoal e profesional.
Achegamos a banca ética ao alumnado de Administrativo.
Tendo en conta a gran importancia que teñen os temas transversais, tanto para o desenvolvemento integral e persoal do alumnado como para un proxecto de sociedade máis libre e respectuosa, tratamos na aula diversos temas. Desta volta tocoulle á banca ética.