Skip to Content

Últimas publicacións

18/08/2023 - 11:35

O horario de atención telefónica, chamando ao 881867186, no mes de agosto, é de 11:00 a 12:30 horas.
20/07/2023 - 08:16

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitid@s e excluíd@s do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.  Canles de información: a) Non presencial: a través da aplicación fondolibros coa chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e...
19/07/2023 - 08:47

O alumnado de ciclos admitido na primeira adxudicación debe matricularse antes do día 24 de xullo ás 13:00 h, momento no que remata o prazo.  Como o día 24 de xullo é festivo local, non poderán facelo de maneira presencial no centro, polo que deben ter en conta este feito e realizar a matrícula, como moi tarde, o venres 21 de maneira presencial ou o propio día 24 a través da web tal...
12/07/2023 - 12:17

Preme no enlace para ver o listado de libros para o curso 2023-2024. LIBROS DE TEXTO
11/07/2023 - 13:50

A partir de mañá, estarán publicadas as listaxes provisionais de admitid@s e excluíd@s do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.  Canles de información: a) Non presencial: a través da aplicación fondolibros coa chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre...
11/07/2023 - 10:01

Tardou un chisco o vídeo da festas de fin de curso porque non tiñamos o forno suficientemente quente, pero agora xa lle demos lume e aí tedes o resultado. Clica de imaxe .  
23/06/2023 - 09:27

Onte mesmiño, tres leliadour@s, xunto coa súa titora, achegáronse a Santiago para recibir cadanseu diploma aos mellores expedientes de Galiza. Foi no multiusos do Sar onde Paula Lijó, Sara Martínez e Carlos Puebla acompañaron a outr@s rapaces e rapazas que, coma eles, se situaban nos mellores resultados tanto de Bacharelato coma na ABAU. Parabéns aos tres por tanta capacidade de esforzo...
22/06/2023 - 15:19

E como non podía ser doutro xeito, este sábado, o alumnado de 2º de Bacharelato e do ciclo superior de Administración e Finanzas pasou polo Auditorio de Ribeira para asistir ao seu acto de graduación. Alí puideron escoitar os discursos do seu profesorado e do director do centro nos que puxeron en valor os momentos positivos vividos durante a súa permanencia no Leliadoura. Se queredes ver a...
20/06/2023 - 18:19

EU NON A DEIXARÍA IR....
20/06/2023 - 13:50

Pódese consultar no cadro as datas e documentación para facer a matrícula do vindeiro curso 2023-2024. Preme na imaxe para ampliar


by Dr. Radut