Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

O 1 de marzo abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 1 ao 20 de marzo de 2024

A solicitude presentarase na administración do centro ou de forma electrónica a través da aplicación admisión alumnado, sempre que se teña a chave 365 ou certificado dixital.

Documentación que debe acompañar a solicitude

1.- Copia do DNI da persoa solicitante, do alumn@ e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta na solicitude.

2.- Copia do ibro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

3.- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

4. Os representantes legais do alumno tamén deberán indicar se o alumno presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas)

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo do centro.

A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

-Recollerse no centro.

-Cumprimentarse online na aplicación:https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-Descargarse e cumprimentar de forma manual: ANEXO II

Nos casos anteriores, a instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.

-Cubrir a solicitude online na aplicación e asinala na Sede Electrónica (para o que é preciso Chave365 ou Certificado Dixital).

 

Formalización da matrícula para o alumnado Do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

As listaxes provisionais e as definitivas do alumnado admitido e non admitido só se poden consultar

de forma non presencial a través da aplicación admisión alumnado, empregando a Chave 365 ou

certificado dixital.

De forma presencial pódese consultar no taboleiro de anuncios situado no interior do centro educativo.

 



page | by Dr. Radut