Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40

Novas

21 de outubro: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de outubro de 2013, por FORTES RACHAS DE VENTO que afectarán ao oeste e suroeste da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Oeste e Suroeste a provincia da Coruña, con seguemento das condicións climáticas

As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Para o nivel laranxa nas alertas por refacho de vento, Meteogalicia aconsella:

  • Limitar os desprazamentos e informarse antes de saír
  • Ter coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos
  • Non subir aos tellados
  • Asegurar calquera obxecto exposto ao vento

Inicio do curso 2013/14

As actividades lectivas comezan o luns 16 ás 12:00 coa presentación dos grupos por parte dos titores. Haberá servizo de autobuses, que recollerá o alumnado coa antelación habitual e o levará de volta ás súas paradas ás 13:00.

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2013/14

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO · 4º de ESO (PDC)

Neste documento explicativo resúmese a información máis relevante para orientar á hora de formalizar as solicitudes oficiais de axuda. Ademais destas axudas, o IES Lamas de Castelo prestará algúns libros de texto para determinadas materias nas que aínda se poden reutilizar os que se compraran na época na que os libros de texto eran adquiridos polos centros; a información sobre estes libros darase a comezos de curso en cada materia.

Para as axudas oficiais, poden consultar a Orde que as regula e descargar aquí o anexo de solicitude. Facilitámoslles un resumo explicativo.

Fin de curso 2012/13

  • 21 de xuño - Remate das clases
    • Para algunhas materias prestáronse os libros de texto a principios de curso. Este día tenos que devolver o alumnado que aprobase esas materias en xuño.
  • 25 de 10:00 a 10:30. - Entrega das notas
    • Non hai transporte escolar. As notas entregaranse na aula da titoría; as que non se recollan nese horario enviaranse por correo ese mesmo día.
  • 26 e 27 - Período de reclamacións (até as 10:00 do día 27)
  • 28 - Resolución das reclamacións

Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Matrícula para o curso 2013/14

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Xornadas Culturais 2013 e Día das Letras

As xornadas culturais deste ano realízanse os tres días da Semana das Letras: luns 13, martes 14 e mércores 15 (o xoves 16 é non lectivo no IES Lamas de Castelo). O programa, que é moi intenso e ocupa o horario completo destes tres días, é diferente para cada un dos cursos.

21 de marzo: Fenómeno meteorolóxico adverso - Alerta laranxa

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.

As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Vacacións de Antroido

Luns 11, martes 12 e mércores 13 de febreiro non son días lectivos. As clases comezan de novo o xoves.

Escola de pais: A comunicación entre pais e fillos/as adolescentes

O martes 5 de febreiro ás 18:15 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre A comunicación entre pais e fillos/as adolescentes.

Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo.

Distribuir contido

by Dr. Radut