Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




21 de outubro: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de outubro de 2013, por FORTES RACHAS DE VENTO que afectarán ao oeste e suroeste da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Oeste e Suroeste a provincia da Coruña, con seguemento das condicións climáticas

As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Para o nivel laranxa nas alertas por refacho de vento, Meteogalicia aconsella:

  • Limitar os desprazamentos e informarse antes de saír
  • Ter coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos
  • Non subir aos tellados
  • Asegurar calquera obxecto exposto ao vento


page | by Dr. Radut