Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Presentación do curso ás familias

O luns 19 de setembro celebraranse as reunións de presentación do curso ás familias, nas que se darán a coñecer as novidades do curso 2016/17 e se presentará o profesorado. Haberá unha reunión común ás 18:10 na biblioteca para dar a benvida e introducir de maneira xeral as características do instituto e a etapa educativa e, a seguir, cada titor/a explicará polo miúdo o funcionamento do centro e as peculiaridades de cada curso e grupo.

Fin de curso 2015/16

O final do curso 2015/16 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o mércores 22. Ese día realizaranse actividades especiais pero no horario habitual. O venres 24 é festivo.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o luns 27 na aula de titoría correspondente. Este ano, para facilitar a devolución dos libros de texto, as de 1º e 2º entregaranse ás 10:00 e as de 3º e 4º ás 12:00. As cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar.
  • Devolución de libros: O alumnado que saiba que aproba todo, devolveraos o día 23. O resto devolverá os libros das materias aprobadas o día 27.
  • O prazo de reclamacións comeza no momento de entrega das notas e esténdese até ás 10:00 do mércores 29. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Horario de secretaría: 

                                        - xuño, de 9:00 a 14:00h 

                                        - xullo, de 10:00 a 13:00h
                                        - agosto, correo electrónico (ies.lamas.castelo@edu.xunta.es); teléfono (981760667 de 10:00 a 13:00)

Matrícula para o curso 2016/17

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula).
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man xa cuberta; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man.

    En casos de separación ou divorcio, orixinal ou copia cotexada da sentenza.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia (orixinal ou copia cotexada)
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).
  5. A foto carné facemola no centro, polo que deberá vir o alumno/a a matricularse.

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Charlas informativas sobre o próximo curso

 Charlas informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado do IES Lamas de Castelo e impartidas pola orientadora do instituto:

DATA

HORA

DESTINATARIOS

INFORMACIÓN

02-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 6º de E.P.

A nova etapa da ESO: materias en 1º da ESO, elección de optativas.

07-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 2º da ESO

Cambios coa nova lei LOMCE en 3º da ESO: Matemáticas Aplicadas ou Matemáticas Académicas, optatividade.

07-06-2016

17:10

Pais/nais do alumnado de 3º da ESO

Cambios coa nova Lei LOMCE en 4º da ESO: elección de itinerarios ofertados no IES Lamas de Castelo, elección de optativas.

14-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 4º da ESO

Opcións ao rematar a ESO: Bacharelato LOMCE, oferta de Ciclos Formativos de grao medio na zona.

Saída cultural a Lugo

O 2 de febreiro todos os grupos participan nunha viaxe a Lugo. Á mañá visitan a cidade cunha guía turística e despois divídense en dous grupos; 1º e 2º van ao parque zoolóxico de Marcelle e 3º e 4º á casa-museo Manuel María, eu Outeiro de Rei.

Escola de pais: Os/as cativos xa son adolescentes

O 8 de marzo haberá unha charla para as familias sobre a etapa da adolescencia centrada en estratexias para a redución de conflitos. Terá lugar a partir das 17.00.

Esta charla será impartida pola psicóloga Begoña Rial.

Presentación do curso 2015/16

Convócase unha reunión coas familias para a presentación do novo curso para o luns 28 ás 18:10 na biblioteca do instituto.

16 de setembro: alerta laranxa

A Comisión Escolar de Alertas, diante do aviso de alerta laranxa durante o día 16 de setembro dende as 00.00 h ata as 15.00 h, por fortes rachas de vento, acordou a SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DAS INSTALACIÓNS dos centros educativos situados nos concellos da Comunidade, con seguimento das condicións climáticas.

Inicio do curso 2015/16

As actividades lectivas comezan o martes 15 no horario habitual, que é o seguinte:

  • Mañás: 8:40 - 14:10
  • Tardes do luns: 16:20 - 18:00

O calendario escolar pódese consultar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut