Novas

Fenómeno meteorolóxico adverso - Alerta laranxa

A Axencia Galega de Emerxencias informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIAS e VENTO que afectará ás zonas Noroeste e Oeste da Coruña e á zona da Mariña de Lugo. Este episodio iniciarase o día 14-12-2012 e durará as 24 horas do día sinalado.

Esta situación de risco suporá a suspensión de actividades no exterior das instalacións do centro escolar pero non das actividades docentes ordinarias e non afectará ao transporte escolar.

Pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), destas páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Remate do primeiro trimestre

As actividades do fin do primeiro trimestre do curso 2012/13 están organizadas do seguinte xeito:

  • Martes 18 - Comida de convivencia
  • Mércores 19 - Reunións de avaliación
  • Venres 21 - Entrega de calificacións da primeira avaliación

O venres 2 de novembro non é lectivo

O venres 2 de novembro foi declarado Día do Ensino, polo que non é día lectivo.

Presentación do curso ás familias

O martes 25 logo de rematadas as clases da tarde teremos a reunión inicial do curso coas familias. Para as do alumnado de 1º de ESO será o primeiro contacto co profesorado e o titor do grupo; para as demais, unha oportunidade de coñecer que cambia co paso de curso e que novidades hai este ano e de repasar as normas de funcionamento do centro e recibir consellos para colaborar máis efectivamente no proceso educativo.

A circular coa convocatoria será enviada o luns 24.

Inicio do curso 2012/13

As actividades lectivas do novo curso comezarán o luns 17 de setembro. Ese día seguirase o horario habitual do resto do curso, para o que os autobuses recollerán o alumnado nas paradas habituais de maneira que as clases comecen ás 8:45.

O horario de clases comeza ás 8.45 e remata ás 14.05, excepto os martes, nos que hai dúas clases á tarde, entre as 16:20 e as 18:00.

Final de curso 2011/12

Remate das actividades lectivas venres 22
Entrega de notas

Martes 26, 11h.

Non hai transporte escolar

Prazo de reclamacións Até o 28 ás 14:00
Resolución das reclamacións Venres 29

Matrícula para o curso 2012/13

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo.
  3. Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.
  4. DNI dos pais/nais/titores legais

1º de ESO

  1. DNI
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

 

Materiais curriculares para o curso 2012/13

Estas son as listaxes dos materiais requiridos para 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO, 3º de ESO-PDC e 4º de ESO.

Xornadas culturais 2012 e Día das Letras

As xornadas culturais deste ano realízanse os tres días da Semana das Letras: luns 14, martes 15 e mércores 16 (o venres 18 é non lectivo para o Lamas de Castelo). O programa é moi intenso e ocupa o horario completo destes tres días.

Cada grupo terá actividades distintas. O programa de cada un deles é o seguinte:

Selección e nomeamento da Dirección

A dirección do IES Lamas de Castelo remata o seu mandato no actual curso académico 2011-2012, polo que procede convocar un concurso de méritos para seleccionar a nova dirección para o período 2012-1016.

O proceso está regulado polo Decreto 29/2007 e pola Orde do 12 de marzo de 2012.

[máis...]

Resultados da avaliación de diagnóstico 2010/11

Esta é a guía de intervención para a mellora a partir dos resultados da avaliación de diagnóstico aprobada polo Consello Escolar o 20 de marzo de 2012.

Distribuir contido