Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Fenómeno meteorolóxico adverso - Alerta laranxa

A Axencia Galega de Emerxencias informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIAS e VENTO que afectará ás zonas Noroeste e Oeste da Coruña e á zona da Mariña de Lugo. Este episodio iniciarase o día 14-12-2012 e durará as 24 horas do día sinalado.

Esta situación de risco suporá a suspensión de actividades no exterior das instalacións do centro escolar pero non das actividades docentes ordinarias e non afectará ao transporte escolar.

Pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), destas páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.



page | by Dr. Radut