Novas

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Hai información sobre as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio convocadas para 2014 nesta páxina.

Segunda avaliación

A segunda avaliación do curso 2013/14 realizouse o mércores 2 de abril e as cualificacións entregaranse o venres 4 ao remate das xornadas culturais que ocupan os días 2, 3 e 4 de abril.

As vacacións de primavera comezan o sábado 12 e as actividades docentes retómanse o martes 22.

Charla coloquio «A prevención dos trastornos da conduta alimentaria: Que comen os nosos fillos/as?»

O mércores 19 de marzo ás 18:00 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre A PREVENCIÓN DOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA: QUE COMEN OS NOSOS FILLOS/AS?

Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e que será impartida por un membro da Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL).

Días non lectivos do centro para o curso 2013/14

O Consello Escolar do IES Lamas de Castelo, reunido o 28 de outubro, propuxo como días non lectivos do centro para o curso 2013/14 os dous seguintes:

  • Luns, 9 de decembro de 2013
  • Venres, 2 de maio de 2014

Escola de pais

O luns 28 de outubro ás 18:00 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre OS RISCOS DE SEGURIDADE ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS.
 
Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e será impartida por persoal da Garda Civil de Noia.

Próximos días non lectivos e festivos

O xoves 31 de outubro é o Día do Ensino e non é lectivo e o venres 1 de novembro é festivo, polo que esta semana só terá tres días lectivos.

21 de outubro: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de outubro de 2013, por FORTES RACHAS DE VENTO que afectarán ao oeste e suroeste da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Oeste e Suroeste a provincia da Coruña, con seguemento das condicións climáticas

As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Para o nivel laranxa nas alertas por refacho de vento, Meteogalicia aconsella:

  • Limitar os desprazamentos e informarse antes de saír
  • Ter coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos
  • Non subir aos tellados
  • Asegurar calquera obxecto exposto ao vento

Inicio do curso 2013/14

As actividades lectivas comezan o luns 16 ás 12:00 coa presentación dos grupos por parte dos titores. Haberá servizo de autobuses, que recollerá o alumnado coa antelación habitual e o levará de volta ás súas paradas ás 13:00.

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2013/14

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO · 4º de ESO (PDC)

Neste documento explicativo resúmese a información máis relevante para orientar á hora de formalizar as solicitudes oficiais de axuda. Ademais destas axudas, o IES Lamas de Castelo prestará algúns libros de texto para determinadas materias nas que aínda se poden reutilizar os que se compraran na época na que os libros de texto eran adquiridos polos centros; a información sobre estes libros darase a comezos de curso en cada materia.

Para as axudas oficiais, poden consultar a Orde que as regula e descargar aquí o anexo de solicitude. Facilitámoslles un resumo explicativo.

Distribuir contido