Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Resultados da avaliación de diagnóstico 2010/11

Esta é a guía de intervención para a mellora a partir dos resultados da avaliación de diagnóstico aprobada polo Consello Escolar o 20 de marzo de 2012.

Escola de pais: O comportamento dos fillos/as

O martes 27 de marzo ás 18:15 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre O COMPORTAMENTO DOS FILLOS/AS: A POSIBILIDADES DE CAMBIO.

Esta charla forma parte da escola de pais que organizan o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo xunto co Servizo de Prevención de drogodependencias da Asociación Neria.

Concerto e teatro para a excursión de fin de etapa

Teatro concerto - 7 de marzo de 2012O 7 de marzo, e coa colaboración da Escola Municipal de Música do Concello de Carnota, celébrase un espectáculo que inclúe actuacións musicais e teatro a beneficio da excursión a Londres do alumnado de 4º.

O prezo da entrada é de 3 euros (os cativos de menos de doce anos de balde) e haberá tamén sorteos.

Antroido 2012

O Antroido celébrase o venres 17 nas últimas tres horas de clase.

Entroido en Lamas

 

 

 

 

 

Non son lectivos o luns 21, o martes 22 e o mércores 23.

Exames de pendentes

Os exames do primeiro parcial de pendentes terán lugar durante a terceira semana de xaneiro. O calendario por materias está dispoñíbel aquí.

Primeira avaliación

As actividades docentes rematan o mércores 21 de decembro e retómanse o 9 de xaneiro.

O martes 20 celebraremos un xantar de convivencia. As cualificacións entregaránas os/as titores/as o mércores 21.

Días non lectivos en decembro

O 5 de decembro é un dos días non lectivos do IES Lamas de Castelo (o outro será o 18 de maio). O 6 e o 8 son festivos oficiais, polo que nesa semana só son lectivos o mércores 7 e o venres 9.

Escola de pais - A autoridade na familia

O martes 15 de novembro ás 18:15 horas terá lugar na biblioteca do instituto unha charla-coloquio inscrita dentro da escola de pais titulada "A autoridade na familia. Establecemento de límites".

Está organizada en colaboración co Servizo de Prevención de Drogodependencias da asociación Neria.

Inicio do curso 2011/12

As actividades lectivas comezarán o venres 16 ás 12 da mañá coa presentación do curso polos titores de cada grupo. Os autobuses recollerán o alumnado nas paradas habituais e levaranos de volta ás 13:00.

O seguinte día, luns 19, comezará o horario habitual: das 8:45 ás 14:05 todos os días e das 16:20 ás 18:00 os martes.

Matrícula para o curso 2011/12

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  • Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo o 20 de xuño; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  • Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo o 20 de xuño.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia

3º e 4º de ESO

  • 1,12 euros para o seguro escolar
Distribuir contido


by Dr. Radut