Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Materiais curriculares para o curso 2009/10

Os libros de texto serán proporcionados neste centro a todo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cando comecen as clases. O alumnado só terá que adquirir pola súa conta os materiais adicionais das materias nas que se matricule.

Listaxes de materiais para:

Libros de texto

Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010 e correción de erros.

 

Exames de setembro

  • Exames: días 1, 2 e 3 de setembro.
  • Entrega de notas: Luns 7 a partir das 10.00 na secretaría do centro.
  • Prazo de reclamacións: días 7 e oito.

Matrícula para o curso 2009/10

Tense que matricular todo o alumnado que vaia cursar estudos no IES Lamas de Castelo para o curso que ven, tanto o que está xa no centro como o que proveña dos centros adscritos de Carnota e do Pindo (que fixo a reserva de praza de febreiro).

 

PRAZOS DE MATRÍCULA

PRAZO ORDINARIO

(para alumnos/as que aproben todo en xuño) do 25 DE XUÑO ao 10 de XULLO.

PRAZO EXTRAORDINARIO

(para alumnos/as que non se matriculasen en xuño) do 1 ao 10 de SETEMBRO.

 

REQUISITOS

 

1º ESO

2º ESO

3º e 4º ESO

  • Solicitude de matrícula

    (na Secretaría do centro ou aquí)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Fotocopia DNI

  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria

  • Fotocopia Libro de Familia

    (só a folla na que figura o alumno/a)

  • Permiso Imaxe Menores

    (na Secretaría do centro ou aquí)

  • Solicitude de matrícula

    (enviada por correo)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Permiso Imaxe Menores

    (enviado por correo)

  • Solicitude de matrícula

    (enviada por correo)

  • 1 foto recente

    (tamaño carné)

  • Abonar 1,12 euros

    (seguro escolar)

  • Permiso Imaxe Menores

    (enviado por correo)

19 e 20 de marzo, festivos

Os días 19 e 20 de marzo son festivos: o 19 éo en toda Galicia e o 20 en Carnota e é, ademais, o Día do Ensino.

Vacacións de Entroido

As vacacións de Entroido comprenden os días 23, 24 e 25 de febreiro, segundo o disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2008/09.

Uso dos móbiles

O luns 17 de febreiro o Consello Escolar do IES Lamas de Castelo estudou a norma relacionada co uso dos teléfonos móbiles, segundo a cal habían de estar apagados durante o horario lectivo, e decidiu modificala e establecer a prohibición de que se traian móbiles ao instituto.

Figura así no Regulamento de Réxime Interno:

18.1: Condutas contrarias ás normas de convivencia no Centro

artigo 18: Traer teléfonos móbiles ao instituto.

Esta norma entrará en vigor o xoves 26. Darase parte de quen a infrinxa e o móbil será requisado e entregado de volta só aos pais.

O IES Lamas de Castelo súmase así ao crecente número de centros educativos que inclúen esta prohibición no seu regulamento de réxime interno motivados pola inseguridade xerada polo uso abusivo e irresponsábel que se ten producido destes dispositivos electrónicos.

Canceladas as clases do luns 9 de febreiro

Por causa do temporal, recibimos instrucións de cancelar as clases o luns 9.

Texto da notificación oficial

Condicións meteorolóxicas adversas

Tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas que veñen afectando á nosa comunidade autónoma e a imposibilidade de coñecer a evolución das predicións meteorolóxicas con suficiente antelación, a Dirección Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria pide que a comunidade educativa estea atenta ás novas que a consellería poida transmitir a través dos medios de comunicación social e da paxina web da consellería http://www.edu.xunta.es.

As decisións que afecten o desenvolvemento das actividades do noso instituto anunciaranse tamén na nosa páxina web.

Este seguimento é especialmente importante nas tardes dos domingos dada a dificultade de realizar os venres previsións precisas cara a xornada do luns.

O venres 31 de outubro non é lectivo

O Consello Escolar do instituto decidiu o mércores 22 que os dous días non lectivos do curso 2008/09 serán o 31 de outubro, venres, e o 4 de maio, luns.

Distribuir contido


by Dr. Radut