Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Reunión coas familias

O martes 30 de setembro celebraranse as reunións de presentación do curso ás familias. Están convidadas a coñecer as novidades deste curso e o profesorado. Serán dúas, a primeira, ás 18:30, para o alumnado que está en 1º e 2º e a segunda, ás 19:15, para o de 3º e 4º. Celebraranse na biblioteca.

 Documentación

Este é o documento de acollida ao centro que se entregou durante esta reunións. Nel hai información relativa
ao centro e á súa organización, xunto co calendario escolar,
normas, consellos, etc.

Inicio do curso 2008/09

As actividades docentes do curso 2008/09 comezarán o xoves 18 coa presentación do curso ás 12 horas (haberá transporte). As clases comezarán de maneira ordinaria o día seguinte ás 8.45.

Este é o calendario oficial.

Materiais para o curso 2008/09

Publicouse a listaxe de materiais curriculares para o curso 2008/09. Hai que distinguir entre os libros de texto, que son gratuítos, e o material complementario, que non o é.

O alumnado que vaia cursar 1º e 3º xa ten aquí os libros de texto. Para o alumnado que vaia cursar 2º e 4º creouse este ano o "cheque escolar", sobre o que poden obter máis información no instituto ou na páxina web www.educadhoc.es.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut