Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Fenómeno meteorolóxico adverso - 10 de xaneiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 9:00 h ata as 19:00, por fortes rachas de vento, que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión de actividades no exterior e extraescolares o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

O IES Lamas de Castelo está situado na zona de predición meteorolóxica da Coruña Oeste, que comprende os concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Carnota, Corcubión, Fisterra, Muxía e Zas, polo que NON se ve afectado por esta suspensión de actividades.

Porén, recomendamos que se estea sobre aviso por se se producen cambios nas próximas horas.

 

Actividades de fin de trimestre

As actividades lectivas rematan o xoves 21 cunha viaxe a Vigo (Casa do Mar, para ver o Pergamiño Vindel) e a Compostela (Cidade da Cultura). O alumnado recibirá as cualificacións do primeiro trimestre antes da partida. As clases retómanse o luns 8 de xaneiro.

Escola de pais: Adolescentes e novas tecnoloxías

CANCELADA!

Esta actividade foi cancelada por motivos persoais do relator.

Dentro das actividades da escola de pais, o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo organiza unha charla titulada “Adolescentes e novas tecnoloxías" que terá lugar o martes 28 de novembro ás 18:15 horas na biblioteca do instituto. Esta charla será impartida por Sergio García Vázquez, do “Plan director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos”.

Convocatoria de folga para o 16 de outubro

Tendo sido convocada unha folga por Erguer. Estudantes da Galiza para o 16 de novembro en todos os niveis educativos, o alumnado de 3º e 4º do IES Lamas de Castelo decidiu secundala. O martes 14 a dirección enviou notas informativas ás familias de todo o alumnado a través deste.

Presentación do curso ás familias

O luns 25 de setembro celebraranse as reunións de presentación do curso ás familias, nas que se darán a coñecer as novidades do curso 2017/18 e se presentará o profesorado. Haberá unha reunión común ás 18:10 na biblioteca para dar a benvida e introducir de maneira xeral as características do instituto e a etapa educativa e, a seguir, cada titor/a explicará polo miúdo o funcionamento do centro e as peculiaridades de cada curso e grupo.

Inicio do curso 2017/18

  • As clases comezan o 15 de setembro seguindo o horario normal do centro, entre as 8:40 e as 14:10.

  • Haberá transporte escolar, nas paradas habituais.

  • O calendario escolar está aquí.

Listaxe de alumnado beneficiario de libros de texto do fondo solidario

Esta listaxe corresponde ás axudas reguladas na Orde de 16 de maio de 2017 (lexislación completa e anuncio). O procecemento depende do Servizo de Xestión de Programas Educativos da Subdirección Xeral de Centros (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos). O instituto só tramita as solicitudes e entrega os libros segundo estas listaxes, non decide cantos lles corresponde a cada alumno/a nin elabora as listaxes.

  1. Listaxe provisional (data de publicación nesta páxina: 14 de xullo)
  2. Listaxe definitiva (data de publicación nesta páxina: 15 de setembro).

Hai que recoller os libros antes do día 28 de setembro. Ténos que recoller o/a pai/nai que os solicitou pero pódese autorizar o/a alumno/a por escrito. Pódese imprimir este modelo de autorización.

Escola de pais: Principais desaxustes emocionais na adolescencia

ANUNCIO URXENTE: Esta charla, que estaba programada para o martes 28 de marzo, ten que ser cancelada e reprográmase para a semana vindeira.

O martes 4 de abril ofrécese unha charla sobre a adolescencia e os principais desaxustes emocionais que se producen durante ela, na que se presentarán propostas de estratexias de intervención para as familias. Será impartida por Aquelar e desenvolverase entre as 16:30 e as 18 horas no instituto.

 

Convocatoria de folga do 26 de outubro

Tendo sido convocada unha folga pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia para o 26 de outubro, o alumnado de 3º e 4º do IES Lamas de Castelo decidiu secundala. O luns 24 a dirección enviou notas informativas ás familias de todo o alumnado a través deste.

Eleccións ao Consello Escolar - 2016

En 2016 corresponde realizar unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Cómpre renovar un representante do profesorado, un das familias e un do alumnado.

17/10 - Anuncio do inicio do proceso de eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo

 2/11 - Acta do sorteo público de integrantes da Xunta Electoral (celebrado o mércores 2 de novembro ás 11:30 na entrada do instituto).

4/10 - Acta de constitución da xunta electoral

4/10 - Acta da 1ª reunión da xunta electoral

Calendario electoral

16/11 - Acta da 2ª reunión da xunta electoral

21/11 - Acta da 3ª reunión da xunta electoral

Durante este, realizouse o sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais dos sectores de alumnado e de representantes.

25/11 - Votacións

28/11 - Acta da 3ª reunión da xunta electoral - Proclamación dos resultados

 

Distribuir contido


by Dr. Radut