Calendario escolar do curso 2020/21
O curso escolar organízase en 172 días lectivos, entre o 16 de setembro e o 19 de xuño. O calendario escolar oficial, que inclúe os períodos de vacacións e os días non lectivos comúns, pódese consultar aquí.
Os dous días non lectivos propios do centro, aprobados polo Consello Escolar son:
- 2 de novembro
- 18 de marzo (festivo local elixido polo Concello de Carnota)
Son días non lectivos comúns os seguintes:
- 12 de outubro
- 7 de decembro (Día do Ensino)
- 8 de decembro
- 17 de maio
Hai tres períodos de vacacións durante o curso, os seguintes:
- Nadal: 23 de decembro a 7 de xaneiro (as clases retómanse o 8 de xaneiro)
- Entroido: 15, 16 e 17 de febreiro
- Semana Santa: 29 de marzo a 5 de abril (as clases retómanse o martes 6 de abril)
O calendario de avaliacións é o seguinte:
- Avaliación inicial: 7 de outubro de 2020
- 1ª avaliación: 16 de decembro de 2020
- 2ª avaliación: 24 de marzo de 2021
- 3ª avaliación: 22 de xuño de 2021
- Exames finais de materias pendentes: 3 a 7 de maio de 2021


»