Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Secretaría

Calendario escolar curso 2018/19

O curso escolar organízase en 172 días lectivos, entre o 17 de setembro e o 21 de xuño. O calendario escolar oficial, que inclúe os períodos de vacacións e os días non lectivos comúns, pódese consultar aquí.
Os dous días non lectivos propios do centro, aprobados polo Consello Escolar son:
  • 2 de novembro de 2018
  • 20 de maio de 2019
Son días non lectivos comúns os seguintes:
  • 12 de outubro
  • 1 de novembro
  • 6 e 7 (Día do Ensino)
  • 1 de maio
  • 17 de maio
Hai tres períodos de vacacións durante o curso, os seguintes:
  • Nadal: 24 de decembro a 7 de xaneiro (as clases retómanse o 8 de xaneiro)
  • Entroido: 4, 5 e 6 de marzo
  • Semana Santa: 15 a 22 de abril (as clases retómanse o martes 23 de abril)
O calendario de avaliacións é o seguinte:
  • Avaliación inicial: 3 de outubro de 2018
  • 1ª avaliación: 19 de decembro de 2018
  • 2ª avaliación: 20 de marzo de 2019
  • 3ª avaliación: 21 de xuño de 2019
  • Exames finais de materias pendentes: 6 a 10 de maio de 2019

 

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2017/18

Convocatoria

Segundo a instrución 7/2017, do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2017/18.

As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.

Resolución

Rematado o prazo e analizada a única proposta presentada, o director do centro resolveu adxudicarlle o servizo a SILMER SC

 

Procedemento para a admisión do alumnado - Curso 2017/18

 PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 15 de febreiro

  • Alumnado que pense continuar no centro para o vindeiro curso 2017/18: facilitaraselle o impreso no centro. Deberán traelo cuberto entre o 1 e 15 de febreiro.
  • Alumnado que se incorpore a 1º de ESO: tramitará a solicitude de admisión no centro de orixe (colexio de primaria)  ou a través da aplicación http://www.edu.xunta.es/admisiondealumnado

Para máis información pode consultar a seguinte ligazón: Admisión alumnado

Libros de texto e material para o curso 2016/17

Libros e material 1º DE ESO

Libros e material 2º DE ESO

Libros e material 3º DE ESO

Libros e material 4º DE ESO

Corrección de erros

1º de ESO

O ISBN do libro de Bioloxía e Xeoloxía é 978-84-9972-278-8

O ISBN do libro de Xeografía e Historia é 978-84-9972-279-5

2º de ESO

O ISBN correcto do libro de inglés Burlington Build Up ESO 2 Student's Book é 978-9963-47-988-6 978-9963-47-998-6

O ISBN correcto do caderno de exercicios de Inglés é: 978-9963-48-001-2

Os ISBN correctos dos libros de Física e Química (serie Led) son: 9780190502423 para Materia y Energía e 9780190502430 para Movimiento, Fuerzas y el Universo

4º de ESO

O ISBN correcto do libro de texto de Inglés é: 9780194598958

Os ISBN correctos do libro de texto de Física e Química son: 9780190502539 (Parte de Física)  e 9780190502522 (Parte de Química)

 

Matrícula para o curso 2016/17

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula).
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man xa cuberta; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man.

    En casos de separación ou divorcio, orixinal ou copia cotexada da sentenza.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia (orixinal ou copia cotexada)
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).
  5. A foto carné facemola no centro, polo que deberá vir o alumno/a a matricularse.

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17

Segundo a instrución 4/2016, do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17.

As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do 10 de xuño. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.

RESOLUCIÓN

Por resolución do 21 de xullo, adxudícaselle o servizo a SILMER S.C.

Calendario escolar do curso 2022/23

Os dous días non lectivos propios do centro, aprobados polo Consello Escolar son:
  • 5 de decembro
  • 13 de marzo
O calendario de avaliacións é o seguinte:
  • Avaliación inicial: 5 de outubro
  • Primeira avaliación: 14 de decembro
  • Segunda avaliación: 29 de marzo
  • Terceira avaliación: 22 de xuño
  • Avaliación final: 22 de xuño
 
 
 
  
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut