Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17
Segundo a instrución 4/2016, do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17.
As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do 10 de xuño. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.
RESOLUCIÓN
Por resolución do 21 de xullo, adxudícaselle o servizo a SILMER S.C.