Proxecto de Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato
Ven, 13/01/2017 - 11:58

Achégase o Proxecto de Orde pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación.

En aplicación do artigo 42.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, o devandito Proxecto de Orde que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 sométese a información pública.

As persoas que o desexen poderán presentar proposicións ou suxestións na dirección de correo electrónico sxcentros@edu.xunta.es, no prazo de 7 días hábiles.

No caso de existir discrepancias entre o texto da orde en lingua galega e en lingua castelá, prevalecerá o texto en galego.