21 de marzo: Fenómeno meteorolóxico adverso - Alerta laranxa
A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.