21 de outubro: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso
A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de outubro de 2013, por FORTES RACHAS DE VENTO que afectarán ao oeste e suroeste da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Oeste e Suroeste a provincia da Coruña, con seguemento das condicións climáticas
As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.
Para o nivel laranxa nas alertas por refacho de vento, Meteogalicia aconsella:
- Limitar os desprazamentos e informarse antes de saír
- Ter coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos
- Non subir aos tellados
- Asegurar calquera obxecto exposto ao vento