O día 26 de Abril 2016 comeza o curso AFD de Operacións de Servizos Auxiliares Administrativos e Xerais para desempregados menores de 30 anos impartido polo departamento de Administración. A duración é de 448 horas. Para matriculación ou información dirixirse a oficina de emprego de Cangas.
Organizar e realizar a administración e xestión de persoal, das operacións económico–financeiras e da información e asesoramento a clientes ou usuarios, tanto no ámbito público como privado, segundo o tamaño e actividade da empresa e organismo e de acordo cos obxectivos marcados, as normas internas establecidas e a normativa vixente.
Ciclo Medio de Xestión Administrativa NOVO TITULO!
Qué se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.