Skip to Content

POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CENTRO RESPECTO AO ERASMUS

anafv

Será requisito imprescindible ter un nivel mínimo de coñecemento da lingua vehicular equivalente ao nivel B1 establecido polo MERC (Marco Común Europeo de Referencia para as linguas). Podedes consultar cál é o voso nivel neste enlace: MERC Europass

PROBAS DE IDIOMAS

Para acreditar que o voso nivel de coñecemento se corresponde có B1, realizaráse unha proba consistente nun exame escrito e unha entrevista persoal. A realización e avaliación da proba será responsabilidade do correspondente departamento de linguas do centro. No suposto de dispór dunha certificación oficial de competencia lingüística (equivalente como mínimo ao B1) estas probas resultarán convalidadas.

No caso de que a institución de acollida (empresa ou centro educativo) esixise un nivel superior ao B1, éste deberá acreditarse a través dalgún certificado oficial, mediante a realización dunha proba de nivel ou ben cunha entrevista persoal cun responsable da empresa de acollida.

PREPARACIÓN EN IDIOMAS

Previamente á mobilidade, e para garantir unha adecuada preparación e integración dos candidatos, será necesario reforzar o coñecemento do idioma a través dun curso intensivo organizado polo centro (dentro ou fóra do mesmo). Estes cursos deberán centrarse na preparación lingüística específica para o traballo, e serán financiados polo instituto con fondos europeos.

 Ademáis, o departamento de programas europeos proveerá ao candidato de información sobre o vocabulario específico do seu sector profesional, con listaxes de vocabulario técnico, webs específicas e diccionarios profesionais.

Tamén se lles aportará información sobre o país de destino, tradicións, historia e características principais, sendo posible que os candidatos teñan que preparar e expór aos compañeiros algún traballo de investigación ao respecto.

ESTUDANTES ENTRANTES (Incoming students)

A fin de garantir a súa integración lingüística, as clases impartiranse íntegramente en castelán. Os estudantes que así o soliciten recibirán cursos de reforzo da súa competencia lingüística en castelán e mesmo cursos de inciación ao galego (impartidos por docentes do centro). Tamén se lles proporcionarán os recursos necesarios para aprender o vocabulario específico do sector e organizaranse actividades sobre cultura, lingua e tradicións propias da nosa rexión.

A nosa rede de estudantes voluntarios será chave para o éxito deste proceso de inmersión.




page | by Dr. Radut