Taboleiro

VISITA AO IES DE RODEIRA E IES A PARALAIA

Enviado por silvia o Mér, 17/04/2013 - 06:17
16/04/2013 00:30
16/04/2013 14:25
Etc/GMT+1

O martes 16 de abril fomos co alumnado de 4º de  ESO a visitar o IES de Rodeira (Cangas) e o IES A Paralaia (Moaña). Visitamos os talleres onde se levan a cabo os Ciclos de FP. En Rodeira vimos o CM de Equipos electrónicos de consumo e o CS de Sistemas de telecomucicación e informáticos. En Moaña visitamos as aulas onde se imparte o CM de Xestión administrativa e os talleres do CM de Equipos e instalacións electrotécnicas e o CM de Mecanizado.

( categories: )

COMEZO DAS CLASES

Enviado por admin o Mar, 11/09/2012 - 18:09

O  luns día 17 de setembro presentación do comezo do novo curso 2012-2013  ás 10h. ata as 11,30h.

Concerto Didáctico/presentación aulas Retrouso de Cela., a Agrupación Folclórica Retrouso de Cela ofrecerá un Concerto Didáctico arredor da música e do baile tradicionais no IES Illa de Ons. Conducirano os mestres Miguel Sotelo e Alberto Costas, quenes contarán así mesmo coa participación de varios alumnos/as do instituto. Con esta actividade preténdese achegar a realidade da música tradicional galega aos membros da comunidade escolar, así como dar a coñecer o traballo do grupo Retrouso a través das súas diferentes aulas: baile tradicional, gaita, canto tradicional e pandeireta, acordeón e percusión.
 

Haberá servizo de autobuses.Entregaranse horarios e libros de texto.

 

( categories: )

Proxecto Abalar

Enviado por admin o Mar, 12/10/2010 - 19:39

O IES "ILLA DE ONS" forma parte  do Proxecto ABALAR

Unha estratexia global e integradora

O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación.

ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.

ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

ABALAR organizará os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.

ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización,
integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos

O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.

O proxecto ABALAR, liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto:

A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

 
contidos educativos
 


Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto ABALAR, dotarase ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.

    • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
    • Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.
    • Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
    • Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados e totalmente integrados no espazo ABALAR.


( categories: )
Distribuir contido