Iniciar sesión |
FITOFALADOIRO ONSEnviado por olalla o Mér, 02/03/2016 - 16:13
Que é o Fitofaladoiro Ons? Un proxecto que estamos a desenvolver no IES Illa de Ons, centrado na investigación sobre os nomes e usos das plantas da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal será unha das principais fontes de información e os propios rapaces e rapazas os entrevistadores e recolectores das mostras. Na seguinte infografía podemos ver, de xeito esquemático, as tarefas que estamos a realizar dentro do noso proxecto.
( categories: )
Exposición sobre los cuentos y las versiones originalesEnviado por Anónimo o Mér, 02/03/2016 - 16:10
Los alumnos de 3º y 4º de ESO estuvieron investigando acerca del origen de los cuentos tradicionales que todos conocemos y, con curiosidad y asombro descubrieron que, en sus versiones originales, escondían terribles historias de miedo. Tras exponer sus hallazgos en clase y en la biblioteca, se expuso una muestra de los trabajos para que compañeros de otros cursos pudiesen acercarse a echarles un vistazo.
( categories: )
ENTROIDO 2016 - PREMIOS CARETAS E CABEZUDOSEnviado por olalla o Ven, 12/02/2016 - 16:15
Coma en anos anteriores, o Departamento de Educación Plástica e Visual sumouse á celebración do Entroido convocando un concurso de caretas e cabezudos. Os alumnos e alumnas do centro traballaron a técnica do papel maché (papel e cola) para crear volumes partindo de globos, caixas e cartóns. Noraboa a todos e todas polos resultados!
GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO:
PREMIOS ELABORACIÓN: 1º PREMIO: Ra (Deus exipcio) - Ana Queimaño (4º A) 2º PREMIO: Unicornio - Carlota Bernárdez (1º A) 3º PREMIO: Abella Maya - Paula Pena (3º B) PREMIOS CREATIVIDADE: 1º PREMIO: Personaxe de Minecraft - Álvaro e Gabriel Entenza (3º A) 2º PREMIO: Eddie the Head (Iron Maiden) - Héctor Rodríguez (3º A) 3º PREMIO: Sulley (Monstruos S.A.) - Andrea Castro (3ºA) PREMIOS SIMPATÍA: 1º PREMIO: Shrek - David Juncal (1º B) 2º PREMIO: Stitch - Javier Ferradás (1º A) 3º PREMIO: Mike (Monstruos S.A.) - Abril Pena (3º A)
( categories: )
TALLERES SOBRE A PREVENCIÓN DE DROGASEnviado por silvia o Mar, 12/01/2016 - 07:39
03/02/2016 09:23
Etc/GMT+1
TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS
O mércores 13 de Xaneiro comezarán no noso centro os talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, un á semana, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo. ( categories: )
CHARLA PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNEROEnviado por silvia o Mér, 16/12/2015 - 06:44
17/12/2015 09:55
17/12/2015 13:39
Etc/GMT+1
CHARLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O xoves, 17 de decembro teremos no centro unha charla impartida pola Garda Civil, sobre a violencia de xénero. Terá lugar no salón de actos e asistirá todo o alumnado da ESO. De 9:40 a 11:25 1º e 2º da ESO. De 11:55 a 13:35 3º e 4º da ESO. ( categories: )
4º ESO na Pontevedra de CastelaoEnviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 10:26
O xoves día 3 estivemos no Museo de Pontevedra visitando as dúas salas dedicadas a Castelao. Grazas ás fichas que nos deron, confrontamos a moi variada obra plástica deste artista: debuxos (de negros, da guerra, da vida cotiá, etc.), linóleos, cadros, carteis, etc. Ademais disto, tamén había revistas, fondos dixitalizados e ata as máscaras orixinais de Os vellos non deben de namorarse. O equipo de guías do museo estivo en todo momento pendente nosa e axudounos a localizar e entender as diferentes obras. Máis tarde, fomos a unha visita pola zona histórica de Pontevedra, onde o guía, que fixo o paseo moi ameno cunha chea de anécdotas, nos ensinou os espazos que tiñan relación con Castelao e nos fixo comprender moitísimos aspectos do pasado e da evolución da cidade, algúns deles moi pero que moi sorprendentes. Algún quedou ata abraiado ao comprobar o fácil que é "inventar" a historia. Uf, aínda menos mal que non nos choveu! Para ser unha mañá, quedou ben completa.
( categories: )
TORNEO TENIS DE MESAEnviado por Anónimo o Xov, 03/12/2015 - 17:14
03/12/2015 20:08
03/12/2015 20:08
Etc/GMT+1
Acaba de rematar o torneo de tenis de mesa. Coma sempre moito nivel e bastante participación. Algúns dos finalistas son xa vellos coñecidos deste torneo ó longo destes anos. Vese que levan o ping-pong no seu ADN. Aquí tendes ós finalistas diante do noso rocódromo en plena de pintado. ( categories: )
XOGOS TRADICIONAISEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 17:40
26/11/2015 09:00
04/12/2015 14:25
Etc/GMT+1
Nestes días de novembro temos no instituto un bo feixe de xogos tradicionais. Trátase dun préstamo que nos fai a asociación de xogos tradicionais de Bueu. Mirade que ben o pasan os nosos alumnos do Illa de Ons: ( categories: )
ROCÓDROMOEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 17:23
27/11/2015 20:13
Etc/GMT+1
Quizais non o saibades pero o departamento de plástica con Olalla á fronte máis o alumnado de 4ºB están decorando o rocódromo do ximnasio. A idea é reproducir 3 obras do autor estadounidense Keith Haring para darlle ó noso rocódromo un pouco de alegría. Aquí tedes unhas fotos para que vaiades vendo como progresan os traballos. ( categories: )
SENDEIRISMO - UDRAEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 17:01
13/11/2015 09:00
Etc/GMT+1
A actividade de sendeirismo a Cabo Udra foi todo un éxito. Tivemos un bo día e poidemos disfrutar do paseo, das praias e da visita guiada polo entorno da aula da natureza. Estes alumnos de 1º son uns fenómenos. Na praia de Mourisca fixemos torres humanas e carreiras de cabalos. Mirade que fotos máis guapas. ( categories: )
|
Eventos
|