TALLERES SOBRE A PREVENCIÓN DE DROGAS

Enviado por silvia o Mar, 12/01/2016 - 07:39
03/02/2016 09:23
Etc/GMT+1

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

 

O mércores 13 de Xaneiro comezarán no noso centro os talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, un á semana,  dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir.

A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.

( categories: )