Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 28, 2023
Start: 28/02/2023 22:16

Rematou o torneo de Tenis de Mesa deste curso. Anque a participación nesta edición non foi moi elevada o nivel si que estivo á altura do noso insti. 

O resultado final deixounos a seguinte clasificación:

1º Iván Santaclara Novo

2º Xoel Portela Germade

3º Xavi Iglesias Piñeiro

(Mención de honra para a profe Marián que conseguíu chegar á final anque preferíu non figurar na clasificación definitiva)

Martes Marzo 21, 2023
Start: 21/03/2023 23:24

O alumnado de 4º segue sacando partido ó asunto da escalada. Aproveitando o aprendido no manexo de cordas e aparatos diversos, chegou o momento de ascender por corda aplicando o uso de bloqueadores empregada en espeleoloxía. E non se lles da nada mal!!

Aquí tedes a Emma toda chea a uns 6m de altura

E aquí está Alba no medio da faena e observada polas compañeiras dicindo "e esta tola que fai aí enriba??"

Por outra banda outros pelexan no rocódromo para sacar os pasos máis complexos, anque sexa escasamente a dúas cuartas do chan. Mirade a Alberto tentando solucionar o asunto e a Mateo e Marcos sen perder detalle

E aquí está Adrián situándose antes de pasar a latosa columna.

E claro, todos atentos para quedarse coa solución ó problema (se é que o consigue, claro...). Carla, que foi a primeira en conseguilo pensa: "Pero que raio fai este? A que agarda para cambiar o pé esquerdo??"

Pois á volta de S. Santa haberá que facer un torneo de escalada, non??

Distribuir contido