Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Maio 11, 2021 »
Mar
Start: 11/05/2021 17:05

Pois por este ano xa vai chegando de escalada, que non todo vai ser ghabear!! E para que quede constancia aquí van un par de fotos de alumnas de 4º (Carmen trepando e Clara asegurando) no último día desta Unidade Didáctica de escalada.

E outras dúas de Andrés no "boulder" sen corda buscando a dificultade. E vaia se o conseguiu!!

Start: 11/05/2021 17:17

Xa rematou o torneo de floorball do alumnado de 1º. Sudando moito e coa mascariña posta o torneo foi indo adiante co esforzo de tod@s. Aquí tedes un par de imaxes en pleno xogo!!

E aquí tedes ós dous equipos que loitaron polo 3º e 4º postos  "Petardos" e "Los del B":

E aquí están os que chegaron á final: "Pollos Locos" e "La piña invencible"

A clasificación final quedou así:

  1. Pollos Locos
  2. La piña invencible
  3. Petardos
  4. Los del B
  5. T

Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!!

Start: 11/05/2021 17:31

O alumnado de 2º estivo traballando nas pasadas semanas na Unidade Didáctica de Baloncesto. Aquí os vemos facendo prácticas de manexo de balón, cambios de man e percorridos en zig-zag.

Co baloncesto non o fixeron nada mal. Veremos que tal se lles da o voleibol para rematar o curso...

Start: 11/05/2021 17:39

Tamén finalizou o torneo de bádminton para o alumnado de 2ºESO. Este ano tivemos moi boa participación e boa proba delo foi o bo nivel dos catro finalistas. Aquí os vedes en acción:

A clasificación final quedou así: 

  1. Gael
  2. Marcos
  3. Alberto
  4. José Manuel

Aquí os tedes:

Parabéns a tod@s e grazas por participar!! Con xente coma vós todo o esforzo paga a pena.

Distribuir contido