Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Outubro 01, 2015 »
Xov
Start: 01/10/2015 09:00
End: 01/10/2015 14:00

O pasado día 1 de outubro tivo lugar a primeira actividade deste curso 2015-16. Foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física en colaboración co concello e consistiu nunha visita guiada ás excavacións das mámoas do polígono industrial de Castiñeiras.

Alí os nosos alumno/as de 1º tiveron a ocasión de seguir as explicacións do encargado das excavacións.

Para completar a xornada, fixemos unha rota de sendeirismo pola Serra da Madalena dende onde tivemos unhas magníficas vistas do val de Coiro e tamén da ría de Aldán.

Esta foi a primeira das moitas actividades que os nosos novos alumnos de 1º terán ó longo dos vindeiros 4 anos no IES "ILLA DE ONS".

Que as disfruten!!

Start: 01/10/2015 10:50

O alumnado de 1º da ESO, visitará hoxe as mámoas de Castiñeiras, situadas no  polígono industrial e tamén faran unha ruta de sendeirismo pola zona.

Os profesores acompañantes serán Toño Omil do departamento  de Educación Física e Xavier Castiñeiras do departamento de Música.

Distribuir contido