Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
O alumnado de 1º e 2º da ESO coñeceu a orixe do poeta Fiz Vergara Vilariño grazas á excursión organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Foron guiados polos profesores Eduardo Rey e Xurxo Souto. Uniuse ao grupo o noso excompañeiro e profesor de galego Manolo Muñiz. Houbo cantos, música e moi bo ambiente ao descubrir a beleza do val de Lóuzara.
O noso IES GREGORIO FERNÁNDEZ foi seleccionado para formar parte da Rede de Aulas de Emprendemento, segundo a Resolución do 19 de maio da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.
O Centro recibirá 5.000,00 € para esta actuación no ano 2022 que será financiada polo Ministerio de Educación e F.P. e pola Unión Europea- Next Generation UE no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O venres 20 de maio celebramos o acto de graduación do alumnado de 2º de BAC da promoción 2020-2022 ao que asistiron familiares e amigos dos homenaxeados xunto co profesorado do centro. Parabéns ao noso alumnado! Podedes ver as fotos da Graduación neste álbum.
O contido completo da Concreción Curricular do centro pódese coñecer accedendo á sección de Alumnado no apartado de Taboleiro e á sección de Pais/Nais en Documentos de Interese a disposición para calquera membro da comunidade educativa.
Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso escolar 2022/23. O prazo de solicitudes rematará o 22 de xuño.
Orde do 29 de abril de 2022 (DOG, 18 de maio de 2022) | ||||
- O alumnado de todos os cursos de ESO poden solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. - O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 6.000 €, terá dereito a serlle prestados seis libros de texto. - O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a serlle prestados catro libros de texto. - O alumnado con renda per cápita familiar igual ou menor a 6.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €. - Para o cálculo da renda per cápita, utilízase a Declaración da Renda do exercicio 2020. Haberá que sumar a Base Impoñible Xeral (casiña 435) e a Base Impoñible do Aforro (casiña 460). En declaracións individuais haberá que sumar as das dúas declaracións dos dous proxenitores. |
||||
Obrigas das persoas beneficiarias: | ||||
- Para ter dereito ao préstamo de libros de texto é necesario ter devoltos os libros de texto que o alumno/a recibira no curso 2021/22 con cargo ao Fondo Solidario ou ao Programa de Axudas para adquisición de libros de texto. - Os libros de texto do curso 2021/22 serán devoltos en bo estado (sen suliñados, debuxos, destrozos, etc.) en horario de 10 a 13:30 h nos seguintes prazos:
- Os libros que reciba en préstamo para o curso 2022/23 deberán de conservarse en bo estado, e terán que ser devoltos ao Instituto en xuño de 2023. |
||||
Presentación de solicitudes: |
||||
• As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal entre o 19 de maio e o 22 de xuño de 2022. Se non fora posible a presentación por vía telemática, presentaranse no modelo ED330B que poden descargar na páxina web do centro ou se lles facilitará no propio centro. • Se dous ou máis fillos cursan a ESO neste centro e presentan a solicitude telemáticamente, deben facer unha solicitude para cada fillo. No caso de facer a solicitude en papel, incluiranse na mesma solicitude os datos de todos os fillos que cursen a ESO no mesmo centro. • Para o alumnado de 4º ESO que repita o prazo de presentación de solicitudes será un mes despois da formalización da matrícula. • Xunto coa solicitude, entregarase unha copia do libro de familia. • O 11 de xullo de 2022, publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas. • As reclamacións contra as listaxes provisionais faranse os días 12 e 13 de xullo. • As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo de 2022. |
||||
Entrega dos libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar: | ||||
• Os libros serán entregados ao alumnado a partir do 9 de setembro de 2022. • Os vales para material escolar recolleranse a partir do 5 de setembro de 2022. |
O departamento de Educación Física organizou unha Xornada de Reanimación Cardiopulmonar e Manexo do Desfibrilador dirixida ao noso alumnado de FPBásica e Ciclos Formativos de Graos Medios e Superiores e tamén ao profesorado interesado en participar nas mesmas. Estas xornadas tiveron lugar o martes 3 de maio, o xoves 5 de maio e 12 de maio e o venres 13 de maio, onde todos os participantes puideron practicar estes protocolos de actuación tan importantes e que poden axudar a salvar vidas.
O alumnado de 4º da ESO do noso centro visitou o 11 de maio o Museo da Construción Naval e o Museo Naval ubicados en Ferrol. Podedes ver as fotos no seguinte Album.
O 19 abril chegou ao noso centro o profesor francés Kevin Guillemain, do Lycée Claude Gellée de Épinal (Francia) para participar no programa de Estancias Profesionales convocado polo Ministerio de Educación. Foron dúas semanas nas que puido achegarse e coñecer de primeira man as actividades lectivas do noso centro e a identidade social e cultural da nosa contorna. Tedes máis información na seguinte ligazón.
Convocatoria de probas extraordinarias da ESA |
||
Ámbito |
Módulos |
Data e hora |
Comunicación e Inglés |
1º e 3º |
23-5-2022 ás 18:15 |
Científico-tecnolóxico |
1º e 3º |
24-5-2022 ás 18:15 |
Social |
1º e 3º |
25-5-2022 ás 18:15 |
A poeta Olga Novo, Premio Nacional de Poesía polo seu poemario Feliz Idade, impartiu no IES Gregorio Fernández unha conferencia baixo o título Ler para soñar. Escribir para vivir, destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BAC.
Ademais participou e gravou un programa de radio co alumnado de 1º de BAC que cursa Literatura Universal e que tiña lido o seu libro.
A presenza desta autora no noso instituto foi un fermoso acto que acercou ós rapaces e ó profesorado ao pracer máxico de ler e escoitar poesía.
Podedes visualizar o seguinte vídeo e as fotos do Álbum Visita de Olga Novo.