Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Unión Europea- Next Generation EU, convocan Cursos de Capacitación Dixital para persoas adultas que non posúan competencias dixitais básicas.
Para a realización destes cursos creouse a Rede Galega de Educación Dixital, á que pertence o IES GREGORIO FERNÁNDEZ de Sarria.
O primeiro curso comezará o 18 de setembro de 2023 e terá unha duración de 30 horas. Desenvolverase durante 2 horas diarias, de 18:00 a 20:00 horas durante 15 días lectivos nas instalacións do IES GREGORIO FERNÁNDEZ de Sarria e son totalmente gratuítos.
Ao remate do curso os participantes recibirán un diploma acreditativo da asistencia e aproveitamento.
A realización do curso permitirá ao alumnado participante aprender competencias dixitais básicas como as seguintes:
• Utilización segura de Internet para evitar estafas.
• Crear e xestionar contas de correo electrónico.
• Solicitar citas previas nos Centros de Saúde, Delegacións de Facenda, Seguridade Social, Xunta de Galicia, etc.
• Solicitar certificados dixitais.
• Solicitar a chave 365 da Xunta de Galicia.
• Realizar comunicacións e transaccións seguras en liña coas entidades bancarias.
• Realizar compras a través de Internet.
• Realizar videoconferencias con familiares e amigos.
• Programar viaxes a través de Internet.
Período de matrícula:
Os interesados/as deberán cubrir unha solicitude de inscrición que lles será facilitada na Conserxería do IES Gregorio Fernández de Sarria durante todo o mes de xullo en horario de 9:00 a 13:30 e dos días 1 ao 11 de setembro tamén en horario de 9:00 a 13:30 horas.
Actuación financiada polo Ministerio de Educación de Formación Profesional e pola Unión Europea- Next GenerationEU
Cartel informativo Curso de Capacitación Dixital para persoas adultas
Noticia de El Progreso sobre os Cursos gratuitos de Capacitación dixital no Ies Gregorio Fernández
Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior (FP DUAL ordinaria):
GRAO BÁSICO | GRAO MEDIO (FP DUAL Ordinaria) | GRAO SUPERIOR (FP DUAL Ordinaria) |
Réxime das persoas adultas na modalidade presencial, en centros públicos (oferta modular):
GRAO SUPERIOR: CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. Módulos: | |
Empresa e iniciativa emprendedora Redes telemáticas Sistemas de produción audiovisual Sistemas de radiocomunicacións |
Sistemas de telefonía fixa e móbil Sistemas integrados e fogar dixital Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións |
ies.gregorio.fernandez@edu.xunta.gal Tel. 982870790
Consulta a Oferta de Formación Profesional do sistema educativo dos centros públicos en Galicia en https://www.edu.xunta.es/fp/
Hoxe mércores 26 de xullo publícase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva das persoas beneficiarias da gratuidade de libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar.
Proceso de admisión a Ciclos de Formación Profesional para o curso 2023/2024
- Réxime ordinario - Réxime para as persoas adultas
Presentación de solicitudes: 23 de xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes: 10 xullo
Listaxe definitiva de solicitudes: 19 xullo
Matriculación: 19 de xullo ás 9:00 ao 24 de xullo ás 13:00 horas
Prazos do proceso de admisión a Formación Profesional Básica:
Presentación de solicitudes: 26 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas
Publicación da listaxe provisional de solicitudes: 10 de xullo
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: 24 de xullo
Matriculación: desde o 24 de xullo
Os departamentos de Instalación e Mantemento e Fabricación Mecánica organizaron unha visita á Feira Internacional de Maquinaria, Equipos e Servizos co alumnado dos ciclos de Mantemento Electromecánico, Mecanizado e Mecatrónica Industrial durante os días 31 de maio e 1 de xuño. Esta visita permitiulles ter unha perspectiva real do mercado, a través da presentación das tendencias e novedades do sector. Ademáis, axudoulles a desenvolver as habilidades aprendidas ó longo da educación escolar e encontrar oportunidades de negocio para o futuro. Podedes ver máis fotos no seguinte álbum.
O departamento de Francés realizou, o día 26 de maio, unha saída extraescolar para facer un tramo do Camiño Francés, concretamente desde Moimentos ata Portomarín. Nesta actividade participou todo o alumnado que cursa a materia de Francés -dende primeiro de ESO ata primeiro de BAC.
A mañá semellaba pasada por auga pero, finalmente, puidemos realizar a camiñata sen mollarnos. Os dez quilómetros que tiñamos que percorrer fixéronse de contado: nunha hora e media! Ao chegarmos ao noso destino descansamos e disfrutamos da turística vila de Portomarín. No seguinte álbum, podedes visualizar máis fotos.
Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso escolar 2023/24. O prazo de solicitudes rematará o 21 de xuño de 2023.
Orde do 10 de maio de 2023 (DOG, 19 de maio de 2023) | ||||
- O alumnado de todos os cursos de ESO pode solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. - O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 6.000 €, terá dereito a serlle prestados seis libros de texto. - O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a serlle prestados catro libros de texto. - O alumnado con renda per cápita familiar igual ou menor a 6.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 75 €. - O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 60 €. - Para o cálculo da renda per cápita, utilízase a Declaración da Renda do exercicio 2021. Haberá que sumar a Base Impoñible Xeral (casiña 435) e a Base Impoñible do Aforro (casiña 460). En declaracións individuais haberá que sumar as das dúas declaracións dos dous proxenitores. |
||||
Obrigas das persoas beneficiarias: | ||||
- Para ter dereito ao préstamo de libros de texto é necesario ter devoltos os libros de texto que o alumno/a recibira no curso 2022/23 con cargo ao Fondo Solidario ou ao Programa de Axudas para adquisición de libros de texto. - Os libros de texto do curso 2022/23 serán devoltos en bo estado (sen subliñados, debuxos, destrozos, etc.) en horario de 10:00 a 13:30 h nos seguintes prazos:
- Os libros que reciba en préstamo para o curso 2023/24 deberán de conservarse en bo estado, e terán que ser devoltos ao Instituto en xuño de 2024. |
||||
Presentación de solicitudes: |
||||
• As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal entre o 20 de maio e o 21 de xuño de 2023. Se non fora posible a presentación por vía telemática, presentaranse no modelo ED330B que poden descargar na páxina web do centro ou se lles facilitará no propio centro. • Se dous ou máis fillos cursan a ESO neste centro e presentan a solicitude telemáticamente, deben facer unha solicitude para cada fillo. No caso de facer a solicitude en papel, incluiranse na mesma solicitude os datos de todos os fillos que cursen a ESO no mesmo centro. • Para o alumnado de 4º ESO que repita o prazo de presentación de solicitudes será un mes despois da formalización da matrícula. • Xunto coa solicitude, entregarase unha copia do libro de familia. • O 12 de xullo de 2023, publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas. • As reclamacións contra as listaxes provisionais faranse os días 13 e 14 de xullo. • As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023. |
||||
Entrega dos libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar: | ||||
• Os libros serán entregados ao alumnado a partir do 11 de setembro de 2023. • Os vales para material escolar recolleranse a partir do 5 de setembro de 2023. |