Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
As profesoras Elena Corujo Pereiro e Esther Rodríguez Dono participaron nunha mobilidade enmarcada dentro do Proxecto 2021-1-ESO1- KA131-HED-000010538 de ERASMUS no INETE (Instituto de Educação Técnica) de Lisboa. Esta experiencia foi satisfactoria como docentes porque lles aportou outra visión de impartir docencia así como a posibilidade de traballar conxuntamente en futuros proxectos.
Na súa estadía ademais de participar o primeiro día nunha xornada de acollida e visita das instalacións do centro, mantiveron un encontro coa directora e as responsables de ERASMUS do INETE e un grupo de profesoras noruegas que tamén estaban participando nesta estadía. O resto dos días participaron en distintas clases impartidas polos compañeiros portugueses para comprobar como organizan e imparten docencia; en concreto, na materia de Contabilidade compararon e analizaron as diferencias nos Plans Contables e demais lexislacións mercantís dos dous países. Tamén mantiveron reunión co responsable do departamento de orientación xunto cos psicólogos clínico e vocacional, que forman parte do departamento.
Froito desta estadía hai un compromiso por ambas partes de colaborar en buscar empresas no contorno de Sarria para o alumnado portugués, así como colocar o noso alumnado en empresas portuguesas para facer prácticas.
Tamén está previsto participar conxuntamente en máis proxectos internacionais dentro do ERASMUS.
Neste curso, dous alumnos do CS de Mecatrónica Industrial do noso centro están realizando as prácticas educativas, FCT, na empresa FLIEG, AGRO CENTER, en Kastl, Baviera.
Podedes ver a entrevista que lles fixo o Progreso na seguinte ligazón.
O 29 de abril informouse ao alumnado de Ciclos Superiores do Programa Erasmus+, que permite a realización de prácticas en empresas da Unión Europea durante un período de tres meses.
Ao abeiro deste programa o alumnado realiza a FCT nunha empresa extranxeira, o que lle facilita unha preparación extra cara o seu futuro profesional.
A Comisión Europea ven de conceder a Carta Erasmus de Educación Superior ao IES Gregorio Fernández, o que permitirá que durante o período 2021-2027 o alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Superior do noso Centro poidan realizar o período de prácticas (FCT) en empresas da Unión Europea.
Animamos a todo o alumnado dos Ciclos Superiores de F.P. do noso Instituto a participar na iniciativa Erasmus+ e a solicitar a súa participación no mesmo.
Por primeira vez unha alumna do noso IES do ciclo superior de Administración e Finanzas participa nunha mobilidade Erasmus+ consistente nun período de prácticas de tres meses na cidade irlandesa de Galway. Proximamente outro alumno do ciclo superior de Mecatrónica Industrial iniciará o seu período de formación en centros de traballo na empresa Mercedes Benz en Bremen, Alemania.