Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
O día 27 de febreiro, os alumnos/as de 4º de ESO, dos CPR Ntra. Sra. De La Asunción e CPR Padres Mercedarios de Sarria visitaron o noso Centro. O obxectivo da visita foi coñecer as instalacións do Centro e a súa oferta académica.
Durante a visita tiveron ocasión de manexar un dron, que montaron os alumnos/as do Ciclo Superior de FP de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos.
No noso Centro celebrouse unha carreira solidaria en colaboración con unicef para concienciar ao alumnado da importancia de aportar unha axuda que permita facer chegar instalacións de auga, hixiene e saneamento a cada vez máis lugares de este país africano.
Cada participante puxo “a súa gota” en forma dunha pequena aportación económica para a campaña deste ano “Gotas Para Níxer”.
Nesta actividade realizouse nunha carreira polas Aceas con saída diante do cuartel da Garda Civil e chegada no estadio de fútbol da Ribela.
O venres, 27 de xaneiro de 2017, celebrouse no Salón de Actos unha reunión co alumnado dos primeiros cursos do noso Centro cofinanciados polo Fondo Social Europeo:
O obxecto de dita reunión foi informar ao alumnado e aos profesores/as destes cursos sobre a contribución dos fondos estructurais da Unión Europea á redución e á prevención do abandono escolar temperá e ao fomento da igualdade de acceso a unha educación de boa calidade.
O martes 18 de outubro presentouse no noso IES o programa Lanzadera de empleo Lugo 2016. Os nosos alumnos/as dos 2º cursos de ciclos formativos, de FPB e de Bacharelato puideron coñecer como se desenvolve este programa. Un técnico do programa, Jesús Porto, explicounos algunha das claves para mellorar o curriculum, a importancia da marca persoal, a influencia das redes sociais, como afrontar unha entrevista de traballo... E tamén coñecemos a unha das participantes do programa, quen nos contou as súas impresións e experiencias persoais, para comprender mellor o funcionamento deste tipo de programas, que poden convertirse en ferramentas valiosas para o acceso ao mercado laboral.