Eventos

« Outubro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Orientación

ADMISIÓN E MATRÍCULA NOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Admisión: 1 ao 12 de setembro 

Matrícula: 13 ao 20 de setembro

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2016-2017

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Conferencia sobre novas tecnoloxías

O martes, 14 de marzo de 2017, celebrouse no Salón de Actos unha conferencia impartida por Ramón Peña, técnico do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS. Asistiron os alumnos/as de: 

  • 3º  4º de ESO
  • 1º de BAC
  • 1º cursos dos ciclos de formación básica e grao medio de Formación Profesional.

O obxecto de dita reunión foi informar ao alumnado sobre os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual "child grooming", ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles "sexting", venda de nenos prostitución infantil e utilización dos nenos na pornografía.

foto da conferencia impartido polos perigos asociados ás novas tecnoloxías

CURSO DE LINGUA GALEGA CELGA 2

Curso de lingua galega, que se impartirá no IES Gregorio Fernández, preparatorio das probas para obter o certificado de lingua galega Celga 2.

Data de impartición: do 18/04/2017 ao 08/06/2017

Horario:19.00 ás 21.00 h. de luns a xoves

            18.30 ás 20.30 h. venres

Reunión informativa do Fondo Social Europeo

O venres, 27 de xaneiro de 2017, celebrouse no Salón de Actos unha reunión co alumnado dos primeiros cursos do noso Centro cofinanciados polo Fondo Social Europeo:

  • Programa de Mellora do Rendemento e Aprendizaxe, PMAR.
  • Ciclos de Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe e Servizos Administrativos.
  • Ciclos Medios de Mantemento Electromecánico e de Mecanizado. 

O obxecto de dita reunión foi informar ao alumnado e aos profesores/as destes cursos sobre a contribución dos fondos estructurais da Unión Europea á redución e á prevención do abandono escolar temperá e ao fomento da igualdade de acceso a unha educación de boa calidade.

foto da reunión celebrada cos alumnos no salón de actos

Probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP. Convocatoria 2017

Acceso ciclos medios:       Data proba: 31 maio de 2017

Máis información

PRESENTACIÓN DO PLAN OPERATIVO DE GARANTÍA XUVENIL

 

Presentación, no salón de actos do Centro, do Plan Operativo de Garantía Xuvenil. A presentación foi organizada polo Departamento de Orientación do Instituto e participaron técnicos da oficina de emprego de Sarria e os axentes de desenvolvemento laboral dos concellos de Sarria, Samos, Láncara e Páramo. Nesta actividade participou o alumnado de Formación Profesional do Centro.

imaxe do acto de presentación do Plan Operativo de Garantía Xuvenil

BECAS CURSO 2017/2018

BECAS ESTUDOS:

  • UNIVERSITARIOS
  • BACHARELATO
  • CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL 

ENLACE WEB BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN     Ministerio de Educación, Cultura y Deporte - Gobierno de España