Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
Becas para estudos de Formación Profesional e Bacharelato.
Prazo de presentación de solicitudes: do 9 de agosto de 2020 ao 1 de outubro 2020
Preme nesta ligazón para máis información
BENEFICIARIOS: Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares.
PRAZO DE SOLICITUDE: Desde o martes 31 de marzo ata o luns 6 de abril, ambos inclusive.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Poden empregar as vías seguintes:
1. Sede electrónica da Xunta, cubrindo a solicitude correspondente. E necesario ter certificado dixital ou chave 365.
2. Por medio do noso centro educativo:
a) Enviando un correo electrónico a ies.gregorio.fernandez@edu.xunta.es cos seguintes datos:
- Nome do solicitante (pai/nai...) e nº DNI ou NIE do/a solicitante
- Pagamento que realizaba: gratuidade total ou abono de 1 €
- Nome do alumno/a indicando o seu curso e grupo
- Número de conta bancaria: IBAN e 20 díxitos
b) Chamando ao 982870794 en horario de 10:30 a 13:00 horas e comunicando os datos do apartado anterior.
CONTÍAS DAS AXUDAS: usuarios de comedor gratuito: 2,5 €/día e usuarios semigratuítos: 1,5 €/día. O período que cubre estas axudas son: do 16 de marzo ao 3 de abril, 14 días. Se se prolonga, outros 14 días lectivos, ata o 1 de maio.