Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

Estadía Erasmus na Bretaña

Tres profesores/as do noso instituto, Cristina Fernández, Isabel Rodríguez Mate e Luis Melle, participaron nunha estadía na Bretaña, ao abeiro do proxecto  ERASMUS 2022-2ES01-KA122-ADU-000093680.

Durante cinco días puideron coñecer o sistema francés de ensinanza de adultos, dirixido fundamentalmente á orientación e inserción profesional das persoas adultas.

Visitaron os institutos de Pontivy e Loudeac, onde se imparten ensinanzas de formación profesional similares ás do noso centro e intercambiaron experiencias tanto co profesorado como co alumnado de FP.

Ademais coñeceron o organismo encargado da xestión da ensinanza de adultos GRETA, observaron o seu funcionamento e descubriron estratexias que se poden implementar na ensinanza de adultos do noso centro.

Con esta estadía continúa o proceso de internacionalización do noso Centro, que permite que tanto alumnado como profesorado poidan compartir experiencias con membros das comunidades educativas doutros países europeos grazas aos programas ERASMUS.

estadía Bretaña