Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
No noso centro educativo celebráronse varias actividades polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, para sensibilizar a toda a comunidade educativa contra calquera tipo de violencia de xénero. O 26 de novembro celebrouse a actividade de Teatro-obradoiro "Contamos Todas" e tamén o Teatro-foro "Bolboretas negras", que foron sumando a outras actividades promovidas pola Biblioteca e por varios departamentos do noso centro.
O I.E.S. "Gregorio Fernández" di NON á violencia de xénero.
O alumnado de 4º de ESO do noso Centro participou na obra de teatro foro "Bolboretas Negras"; a representación desta obra foi na Casa de Cultura do Concello de Sarria. Esta representación estivo organizada polo Centro de Información da Muller do Concello de Sarria, co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O 14 de novembro presentouse na Casa da Cultura de Sarria o libro "Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda", escrito por Yago Rodríguez Yáñez, profesor no noso centro durante os anos 2006 e 2007. Trátase dunha antoloxía da poesía deste poeta de Lóuzara e tamén inclúe un estudo da mesma.
Este acto foi organizado pola nosa biblioteca, que leva o nome deste poeta (Biblioteca Fiz Vergara Vilariño), coa colaboración da Galería Sargadelos e o Concello de Sarria. No acto, ademais participou o profesor do noso centro, Eduardo Rey, amigo de Fiz e de Yago.
O venres 8 de novembro celebrouse no noso IES a primeira actividade formativa dentro do programa "Finanzas para Mortais" dirixida ao alumnado de 4º ESO e de ciclos formativos da familia de Administración. A segunda xornada tivo lugar o venres 22 de novembro. Estas sesións presenciais foron impartidas por persoal do Banco Santander e trataron de achegarnos aos conceptos básicos da cultura financieira.
Os días 23, 24 e 25 de outubro, alumnado de 4º ESO, 1º BAC, 2º BAC e FPB de Clásicas, Filosofía, Antropoloxía e TIC, viaxaron a Mérida acompañados por dous profesores. Fixeron paradas para visitar os cascos históricos de Zamora, Cáceres e, de volta, Salamanca. En Mérida percorreron o Museo de Arte Romano e os xacementos arqueolóxicos. Podedes acceder ao album de Fotos de Mérida para ver os lugares visitados.
No noso centro estamos preparando a chegada do Samaín: cabazas terriblemente monstruosas, camposantos (asómate á nosa biblioteca) e relatos de auténtico terror (Espazo aberto- Samaín en Radio Bolboreta)...
No noso IES celebramos a chegada do outono e rendimos homenaxe a unha das nosas tradicións: a celebración do magosto. Este venres 25 de outubro xuntámonos todos no comedor escolar para degustar castañas, chourizo e panceta, poñendo en valor esta festa tradicional.
departamento de Educación Física organizou unha saída co alumnado de 1º e 2º de ESO para practicar kayak na Illa de Arousa o pasado xoves 10 de outubro. Remaron, acompañados por tres profesores e varios monitores, ata o illote de Areoso, onde xantaron todos xuntos e regresaron pola tarde para iniciar o camiño de volta a Sarria. Se picades na seguinte foto, tamén podedes acceder ao album KAYAK 2019.
O venres 21 de xuño celebrouse no noso IES unha exhibición de Educación Física nas pistas polideportivas e deseguido a festa de graduación de 4º ESO e 2º de FPB. A música animou a todo o público asistente e foinos contaxiando da ledicia que trae o comezo de verán: felices vacacións e esperámosvos en setembro. Se picades nas fotos, podedes visualizar todas as fotos e vídeos.