Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Viaxe fin de curso 4º ESO

O alumnado de 4º ESO realizou entre o 8 e o 12 de abril, como viaxe de fin de curso, unha visita pola comunidade catalá. Alí puideron visitar as cidades de Tarragona, Barcelona e gozar das atraccións e espectáculos que ofrecen PortAventura e Ferrari Land.

Velaquí tedes un resumo fotográfico desta saída, álbum Viaxe fin de curso 4º ESO.

Foto viaxe fin de curso 4º ESO

Viaxe a Andorra

Un grupo de 25 alumnas e alumnos de 3º ESO, 1º BAC e 1º Ciclos Formativos do noso centro estiveron esquiando do 16 ao 23 de marzo na estación de esquí GrandValira en Andorra, actividade deportiva que organiza tódolos cursos o Departamento de Educación Física do IES Gregorio Fernández. Tedes máis fotos no álbum Viaxe a Andorra

foto neve Andorra

Cursos de capacitación dixital para adultos

Convócanse Cursos de Capacitación Dixital para persoas adultas gratuitos e con diferentes niveis, básico e intermedio.

As persoas interesadas, contactade co noso centro para matricularvos, obteredes certificación por dita formación recibida.

Comezarán en maio, polo que debedes anotarvos axiña!

Visita a MUNCYT

O martes 9 de abril, o noso alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC de Tecnoloxía e Física visitaron o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) en A Coruña, acompañados polo profesorado destas materias, para profundizar no coñecemento científico e tecnolóxico nesta visita didáctica.

Visita MUNCYT

Actividades Día do Libro: contacontos a cargo de María da Pontragha

O mércores 3 de abril comezamos coas actividades que se están a desenvolver neste mes para celebrar o Día do Libro. Contamos coa presenza de María da Pontragha, quen co espectáculo "Contos de vellxs punkies para encarreirar á mocedá", nos achegou unha morea de contos que nos arrincaron máis dun sorriso e nos demostraron a grande sabiduría dos nosos avós e a importancia de seguir conservando a narración oral.

contacontos

Programa de Radio Bolboreta sobre a primeira parte do noso proxecto

Na primeira parte do proxecto eTwinning Math, Music and Emotions, analizamos os significado de cada unha das emocións escollidas polo alumnado dos tres países: medo, asco, ira, tristeza, alegría e melancolía. Resumimos todo este coñecemento nun programa de Radio Bolboreta.

Con estas ideas claras, o alumnado seleccionou seis cancións galegas buscando que cada unha delas representase unha das emocións traballadas. Finalmente, compartimos as cancións cos nosos compañeiros fineses e chipriotas e valoramos en que grado nos producía cada emoción cada unha das cancións. 

As nosas cancións escollidas foron as seguintes, podes adiviñar para que emoción foi pensada cada unha delas?

Memoria da noite. Luar na Lubre

Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez

O mazo armado. Nao Galiza

O tren. Andrés do Barro, versión de Louband.

A cinza. Mounqup.

Fisterra. Milladoiro.

 

 

DATAS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DAS MATERIAS PENDENTES DA ESO

 O alumnado matriculado na ESO, que teña pendentes materias de cursos anteriores, poderá presentarse ás probas extraordinarias que se desenvolverán entre o 6 e o 10 de maio.

DATAS PROBAS EXTRAORDINARIAS MATERIAS PENDENTES ESO

 

BIOLOXÍA

 

INGLÉS

 

DEBUXO

 

LINGUA CASTELÁ

FÍSICA E QUÍMICA

 

LINGUA GALEGA

MATEMÁTICAS

 

VALORES ÉTICOS

FRANCÉS

 

 

 

 

Día da poesía Eduardo Rey Moure

O 21 de marzo celebramos na Praza da Vila de Sarria o Día da poesía Eduardo Rey Moure adicado á amizade, con moito sentimento e con moita poesía. Foi unha edición moi especial para o noso centro, porque a partir de agora vai levar o nome do que foi o impulsor desta iniciativa, o noso grande compañeiro Eduardo, quen durante moitos anos foi compañeiro e amigo de todos nós. Fomos 13 centros da comarca de Sarria os que participamos nesta xornada, na que compartimos poemas que versan sobre a amizade de moi diferentes autores. O acto estivo dirixido por Xurxo Souto, amigo e excompañeiro do IES Gregorio Fernández, o noso centro foi o organizador deste acto e contamos coa colaboración do Concello de Sarria. Animávosvos a ler a noticia no Progreso Versos de amizade na honra de Eduardo Rey Moure. Tedes máis fotos e vídeos no Instagram da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e no seguinte álbum Día da poesía 2024.

foto dia poesia

Viaxe a Bruselas

O alumnado de 2º de Bac e os ciclos da familia de Administración están de viaxe por Brujas, Gante e Bruselas, onde tiveron a oportunidade de visitar o Parlamento Europeo. Podedes ver fotos se picades no seguinte álbum Viaxe a Bruselas

foto viaxe Bruselas