Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Obradoiros Axenda 2023 e ODS

O pasado venres 19 de maio contamos coa presenza de Lucas Requejo, fundador e director da ASOCIACIÓN PRATODO, quen impartiu aos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de Formación Profesional e de 1º BAC uns obradoiros sobre a Axenda 2030 e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa adaptación e uso nas problemáticas sociais e ambientais da contorna diaria da xuventude.

Co desenvolvemento destes talleres reinícianse as actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do IES GREGORIO FERNÁNDEZ, que continuarán no curso 2023/2024, financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social la Empleabilidad, e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2022) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Podedes visualizar as fotos do obradoiro no seguinte álbum Obradoiro 2030 e ODS.

obradoiro ODS

Visita parque eólico- Programa EduTecEmprende

O día 4 de maio, o noso alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos realizou unha visita ao Parque Eólico de Monciro en Castroverde. A viaxe está dentro do programa EduTecEmprende, no marco do Plan de Emprendemento da Consellería de Educación en colaboración con diferentes empresas. Nesta visita valoraron as vantaxes e as desvantaxes da enerxía renovable, en concreto, da enerxía eólica.

foto durante a visita parque eólico

 

Visita á Mariña lucense

O alumnado de 1º BAC foi de excursión á Mariña lucense para ver a fábrica de Sargadelos, o Museo do Mar de Cervo e visitar as vilas de Foz e Mondoñedo, lugares nos que se desenvolve a acción da novela "A lei das ánimas" de lectura obrigatoria. Podedes visualizar as fotos da actividade no seguinte álbum.

Visita á mariña lucense

Actividades Día do Libro

No noso centro e desde a Biblioteca, organizaron unha serie de actividades para celebrar de forma moi especial o Día do Libro: a exposición "Libros Suculentos", 28 libros escollidos polo profesorado do noso instituto e 80 suculentos libros-galleta elaborados pola reposteira sarriana Lourdes Pombo para a ocasión. Estes libros-galleta foron os premios gastronómicos aos participantes que máis acertos tiveron na quiniela literaria e ás clases máis participativas de todos os niveis do noso IES. Parabéns aos participantes e aos gañadores!

foto entrega premiosDía do Libro 2023

Encontros lingüísticos no Camiño

O pasado 28 de abril, o alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas retomou os encontros lingüísticos no Camiño, despois de tres anos sen poder realizarse por causa da pandemia e as restriccións de interaccións comunicativas entre as persoas.

As alumnas estiveron acompañadas pola súa profesora de inglés, Raquel Arias, quen leva anos promovendo esta iniciativa, e a profesora visitante francesa Katia Soares, quen estivo durante dúas semanas no noso instituto coñecendo en vivo e en directo o funcionamento e a realidade do IES "Gregorio Fernández".

Resultou unha actividade moi motivadora e interactiva na que ademais de practicar inglés, os peregrinos tiñan que sinalar nun mapa os seus lugares de orixe. Abraiados quedaron tras coñecer xente de Nova Zelanda, de Corea, de Canadá, dos Estados Unidos........  En fin, o mundo enteiro en Sarria.

foto encontros lingüísticos no Camiño

Prácticas de FP en Alemania

O noso alumno do CS de Mecatrónica Industrial, Manuel Argiz, está a realizar as prácticas do ciclo nunha empresa en Alemania, dentro do programa Erasmus+. Serán tres meses formándose e adquirindo experiencia na propia empresa. Máis información no Progreso Un alumno del IES Gregorio Fernández

Viaxe a Paris co alumnado de 2º BAC

O alumnado de 2º BAC viaxou a Paris do 5 ao 8 de marzo na excursión de fin de curso. Nestes días coñeceron de preto os monumentos máis emblemáticos da cidade, desfrutaron dun paseo en barco polo Sena e degustaron pratos típicos da cociña francesa. Podes ver algunha foto desta viaxe no álbum Viaxe a Paris.

Foto da viaxe a Paris

Visita á Axencia Tributaria e ao Torre de Núñez

O luns 27 de marzo os alumnos de FP Básica de Servizos Administrativos visitaron a delegación da Axencia Tributaria en Lugo, onde recibiron una charla cívica-tributaria impartida por 2 axentes da mesma. Posteriormente,  acudiron ás instalacions da empresa Torre de Núñez onde pudieron observar o proceso industrial  dos seus produtos e onde o o director comercial Chema nos explicou o método de traballo de mesma e os resultados acadados nos últimos anos. Podedes visualizar as fotos da visita no seguinte álbum: Visita Axencia Tributaria e Torre de Núñez.

Día da Poesía 2023

Por segundo ano consecutivo, o martes 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila o Día da Poesía, para homenaxear ao poeta chairego Manuel María. Este evento foi organizado pola nosa bibiloteca Fiz Vergara Vilariño e polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Concello de Sarria  e participaron  nel todos os centros educativos da comarca de Sarria (13 en total) e superaronse os 700 participantes. Foi un evento cheo de poesía, parabéns a todos os participantes!

Día da Poesía 2023

 

 

Visitas guiadas e teatro con 2º FPB Servizos Administrativos

O xoves 23 de febreiro, o alumnado de 2º curso de FPB de Servizos Administrativos desprazouse a Lugo para participar en varias visitas guiadas, unha ao Centro de Interpretación da Muralla e outra á Casa dos Mosaicos, logo pasearon libremente polo centro histórico da cidade e como punto final asistiron a unha obra de teatro con público adulto. Podedes ver as fotos no seguinte álbum Visitas e teatro 2ºFPB Serv. Adm.

Visita Lugo