Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
O equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro comezou un novo proxecto co título Música galega. Ponlle a orella. Este proxecto iniciouse o 20 de novembro e rematará o 2 de xuño de 2023 no que participarán 15 grupos, 210 alumnos e 16 profesores, cun total de 24 cancións en galego.
Trátase dun ambicioso proxecto do noso EDLG, no que colaboraron Xurso Souto e Patricia Coucheiro e que ten como finalidade principal que a nosa cultura siga viva para que todos nos poidamos seguir máis vivos!
Podedes descargar os pdf da presentación das fichas e o caderno coas cancións.
O alumnado de 1º e 2º da ESO coñeceu a orixe do poeta Fiz Vergara Vilariño grazas á excursión organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Foron guiados polos profesores Eduardo Rey e Xurxo Souto. Uniuse ao grupo o noso excompañeiro e profesor de galego Manolo Muñiz. Houbo cantos, música e moi bo ambiente ao descubrir a beleza do val de Lóuzara.
O 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila en Sarria o Día da Poesía adicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño e organizado pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Sarria. Asistiron máis de 400 alumnos e profesores de doce centros educativos da comarca de Sarria e cada centro foi recitando poemas deste poeta de Samos, Fiz Vergara Vilariño. Tamén interpretaron un soneto musical deste poeta dous profesores do noso centro, que foron os presentadores deste acto, Xurxo Souto e Eduardo Rei e escoitamos repetidas veces unha versión de "Terra" das Tanxugueiras na voz da nosa profesora Patricia Coucheiro e acompañada da coreografía dirixida por outra profesora nosa, Mercedes Veiga. Para finalizar o acto, presentouse un grupo musical formado por alumnos do IES Xograr Afonso Gómez que versionou un poema deste autor samanense.
Foi un acto cheo de poesía, de versos que soaban un tras outro cheos de beleza e sentimentos e que mostraban a fermosa obra que nos deixou Fiz Vergara Vilariño, para o cal reivindicouse neste acto que se lle adique por fin o Día das Letras Galegas. Parabéns a tódolos participantes!
Vídeos: Sarria, Feliz Día da Poesía, Sarria celebra o Día da Poesía
O 23 de febreiro celebrouse no noso centro o Día de Rosalía de Castro. O EDLG e a Biblioteca do centro en colaboración con outros departamentos organizaron un montón de actividades para conmemorar o seu aniversario: lectura de poemas de Rosalía, creación dun gran panel colaborativo "E a ti, que che di Rosalía?", música, cancións, regueifa improvisada, exposición de libros, reparto de chapas cun fermosísimo debuxo creado por unha alumna de 3º de ESO, cartel xigante tamén creado na clase de plástica e programa en Radio Bolboreta. Deseguido, tedes un vídeo resumo do grande día de Rosalía:
Co seguinte vídeo cantando unha regueifa, o alumnado do noso centro de 1º da ESO participa na actividade Regueifando no Correlingua:
O alumnado da materia de Música en 1º e 2º de Bacharelato, en colaboración cos departamentos de Dinamización Lingüística e Latín, asistiu o mércores 26 xaneiro ao taller do luthier Xermán Arias en Sarria.
Nesta experiencia, fermosa e inesquecible, o mestre compartiu con nós a súa sapiencia e paixón respecto á música, á natureza e á lingua galega, entre outros aspectos que en breve, trataremos de reflectir na entrevista que lle fixemos.
Por outra banda, o alumnado de 2º de bacharelato de Latín xunto co profesor, Xurxo Souto, entoaron unha das Cantigas de Santa María e foron acompañados, nada máis e nada menos que por unha viola medieval (recreación da que aparece no Pórtico da Gloria) realizada e tanxida por Xermán Arias: momento que permanecerá na nosa memoria!
Finalmente, o mestre puxo o broche final tocando a zanfoña e entoando unha cantiga tradicional “Eu caseime no Araño”.