Eventos

« Xuño 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Electricidade e electrónica

CICLO SUPERIOR DE SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS

 

CICLO SUPERIOR DE SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS 

 

¿Que título se obtén?

Técnico superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación medioambiental.
¿En que ámbitos se traballa? Empresas públicas e privadas do sector de  servizos dedicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, como persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e mantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Axudante de proxectista, supervisor/ora da montaxe en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios.

- Especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos e de sistemas de telecomunicación.

- Xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións.

- Técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións, en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual, en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión, en sistemas de seguridad electrónica e circuítos pechados de televisión, en redes locais e sistemas telemáticos, en sistemas de radioenlaces.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Configuración de estruturas de sistemas de telecomunicacións

- Elementos de sistemas de telecomunicacións

- Sistemas informáticos e redes locais

- Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións

- Formación e orientación laboral

- Sistemas de telefonía fixa e móbil

2º CURSO:

- Sistemas de produción audiovisual

- Redes telemáticas

- Sistemas de radiocomunicacións

- Sistemas integrados e fogar dixital

- Proxecto de sistemas de telecomunicacións e informáticos

- Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións

- Empresa e iniciativa emprendedora

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

Acceso directo a calquera ensinanza universitaria de grao.

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.