Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Administración

Visita cultural a Santiago

O luns 12 de xuño o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do CS de Administración e Finanzas participou nunha visita cultural en Santiago: subiron ás cubertas da Catedral, foron ata o Parlamento de Galicia e tamén á Cidade da Cultura.

foto Santiago

Charla "Aprendendo sobre os medios de pagamento"

O venres 14 de marzo o alumnado de FPB de Servizos Administrativos e de 1º do CM de Xestión Administrativa do noso centro participou nunha charla por videoconferencia sobre os medios de pagamento impartida por técnicos de Abanca dentro do Programa Eduemprende, unha sesión no que aprenderon máis detalladamente os medios de pagamento que se están a utilizar hoxe en día.

foto charla medios pagamento

Visita á Axencia Tributaria e ao Torre de Núñez

O luns 27 de marzo os alumnos de FP Básica de Servizos Administrativos visitaron a delegación da Axencia Tributaria en Lugo, onde recibiron una charla cívica-tributaria impartida por 2 axentes da mesma. Posteriormente,  acudiron ás instalacions da empresa Torre de Núñez onde pudieron observar o proceso industrial  dos seus produtos e onde o o director comercial Chema nos explicou o método de traballo de mesma e os resultados acadados nos últimos anos. Podedes visualizar as fotos da visita no seguinte álbum: Visita Axencia Tributaria e Torre de Núñez.

Visita didáctica Pull&Bear

O pasado venres 18 de novembro, o noso alumnado de 2º do CM de Xestión Administrativa, 1º do CS de Administración e Finanzas e 2º de FPB de Servizos Administrativos, xunto con tres profesoras da familia de Administración visitaron o centro de Pull&Bear na localidade coruñesa de Narón coa finalidade de coñecer como funciona por dentro esta importante empresa.

visita Pull&Bear

Visita interior Pull&Bear