Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Francés

Andaina polo Camiño de Santiago

O departamento de Francés realizou, o día 26 de maio, unha saída extraescolar para facer un tramo do Camiño Francés, concretamente desde Moimentos ata Portomarín. Nesta actividade participou todo o alumnado que cursa a materia de Francés -dende primeiro de ESO ata primeiro de BAC.

A mañá semellaba pasada por auga pero, finalmente, puidemos realizar a camiñata sen mollarnos. Os dez quilómetros que tiñamos que percorrer fixéronse de contado: nunha hora e media! Ao chegarmos ao noso destino descansamos e disfrutamos da turística vila de Portomarín. No seguinte álbum, podedes visualizar máis fotos.

foto Camiño Santiago-Portomarín

 

Obra de teatro para o alumnado de Francés

O venres 21 de abril, o alumnado de Francés dos catro cursos da ESO e de 1º de BAC asistiu á posta en escea da obra francesa "Le Petit Prince", do escritor Antoine de Saint-Exupéry. Foi unha mañá distinta, creativa e intensa. Saímos ás dez da mañá e voltamos á hora de xantar. Actividades dinámicas, como esta, axudan a estudar e comprender mellor, dende outra visión, unha lingua estranxeira.

VIVE LE THÉÂTRE!

Foto grupal asistencia obra teatro en francés

La Saint-Valentin no noso centro

Como o 14 de febreiro é o día adicado á amizade e ao amor e, tendo en conta que a lingua francesa é moi musical e un tanto romántica, todo o alumnado da materia de Francés escribiu cartas de amor e de amizade, para logo ser repartidas no orixinal buzón do amor, polas "cupidos" de 1º BAC aos seus destinatarios, que eran tod@s elas/eles do instituto.

Entre todas as cartas presentadas, unha delas levou o gran premio, que consistía nun vale para unha comida, de dúas persoas, nun restaurante de Sarria. A afortunada foi: Firdaousse Amanchar, de 4º ESO. A maiores, tres alumnas máis, gañaron un accésit pola calidade literaria e a presentación das súas cartas cun vale de 10 € cada un, respectivamente. As gañadoras son: Melany Flores Balderrama, de 1º BAC; Lucía López de la Fuente, de 4º ESO e Eva Vilaro Vázquez, de 4º ESO.

Parabéns ás premiadas e moitas graz@s a todos polo voso gran traballo.  Podedes acceder ao Album fotos cartas Saint-Valentin.

gañador Saint-Valentin

Vive la Chandeleur et bon appétit!

Como o 2 de febreiro se celebra o día da Chandeleur en Francia, nós tamén quixemos celebrala no noso instituto. Para iso, o alumnado dos diferentes cursos da materia de Francés elaborou crêpes na casa para a súa posterior presentación e degustación, á hora do lecer, no instituto. Houbo moita variedade de crêpes: dóces, salgadas, de chocolate, con froitas e mesmo con lambetadas! Todas elas tiveron moito éxito. De feito, non quedou nin unha soa crêpe! 

Este curso, ao igual que o anterior, de todas as crêpes presentadas, tres saíron gañadoras cuns vales de 25, 20 e 15 €, respectivamente. O xurado tivo en conta a textura, os sabores, a presentación, así como o traballo e esforzo realizados. Os alumnos premiados coas mellores crêpes foron os seguintes: 

Primeiro premio: Lucía López de la Fuente, de 4º ESO.

Segundo premio: Candela Martínez, de 1º ESO.

Terceiro premio: Aitor Rodríguez Maceda, de 2º ESO.

Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar. Album de fotos

chandelier 23

Traballos de Nadal

Para traballar estas datas de Nadal, todo o alumnado de Francés da ESO elaborou distintas postais. Fíxose unha exposición das mesmas na entrada do instituto e escolléronse as tres mellores. Para acceder ás fotos da exposición picade no seguinte álbum.

Primeiro Premio:

primeiro premio

Segundo Premio:

segundo premio

Terceiro Premio:

terceiro premio