Eventos

« Novembro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Visita ás Médulas

O xoves día 7 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO, 4º ESO e 1º de BAC, acompañados polos profesores Carmen Blanco, Castedo e Chelo, visitaron o xacemento romano de Las Médulas. Pola mañá estiveron no lago artificial de Carucedo, na aula arqueolóxica e no mirador de Las Perdices e pola tarde subiron co guía ata Orellán.

"Rutas literarias" polo museo de Lugo

Os alumnos/as de 2º ESO, acompañados das profesoras Pilar Saavedra e Carmen Blanco, foron a Lugo o día 9 de marzo á actividade "Rutas literarias do Museo de Lugo". Para isto tiveron que ler previamente o libro Contos do museo, para poder contestar correctamente ás preguntas do cadernillo que lles entregaron. As respostas atopábanas buscando nas distintas salas do museo e tamén buscando no libro de lectura. Aproveitando a estadía en Lugo, visitaron a Catedral, camiñaron polo adarve da muralla e percorreron o caso antiguo da cidade.

Podedes ir á Galería de imaxes para ver algunha das fotos desta actividade.

foto do alumnado durante a visita ao Museo

Primeira mobilidade do programa Erasmus+

Por primeira vez unha alumna do noso IES do ciclo superior de Administración e Finanzas participa nunha mobilidade Erasmus+ consistente nun período de prácticas de tres meses na cidade irlandesa de Galway. Proximamente outro alumno do ciclo superior de Mecatrónica Industrial iniciará o seu período de formación en centros de traballo na empresa Mercedes Benz en Bremen, Alemania.

O entroido no noso IES

O entroido tamén chegou ao noso IES: grupos de alumnos/as e mesmo profesorado participaron en actividades relacionadas co entroido, desde coñecer distintas manifestacións desta tradición dependendo da zona xeográfica na que nos atopemos ata cambiar de vestimenta e mesmo interpretar melodías e folións!

Viaxe a Astorga

O día 3 de febreiro o alumnado de Clásicas realizou unha visita cultural a Astorga para facer unha ruta romana que organiza o Museo Romano desa localidade.

Astorga conserva debaixo da súa cidade as escavacións do seu patrimonio arqueolóxico: unhas termas, o dobre foso do seu primitivo campamento, parte do foro, as cloacas e unha domus. Percorremos todas estas escavacións e o Museo acompañados dunha guía que nos foi explicando e contestando ás nosas preguntas. Na seguinte ligazón atópase un álbum de fotos da Ruta romana de Astorga: https://sites.google.com/site/webeoergosum/

collage de fotos da viaxe

Día do San Xoán Bosco

No noso centro celebrouse o Día do San Xoán Bosco como é tradición desde hai xa moitos anos. Un día de confraternidade entre todos os membros da comunidade educativa, no que se desenvolveron unha serie de actividades: na biblioteca do centro, leváronse a cabo varias delas e tamén houbo competicións deportivas, mesmo se entregaron medallas aos gañadores e rematouse cun xantar de confraternidade no noso comedor escolar. Todas elas foron coa finalidade de mellorar a convivencia no noso centro. Grazas a todos/as pola vosa participación.

collage de fotos da celebración do Xoán Bosco

Concurso tarxetas de Nadal

O Departamento de Lingua Galega e mailo ENDL do noso IES convocaron un concurso de tarxetas de Nadal. Estas postais están colocadas nun dos corredores principais do edificio central onde podedes ver a ampla participación que se rexistrou por parte dos noso alumnado e coñecer as tarxetas gañadoras.

foto panorámica das postais participantes

Os premiados foron:

1º PREMIO EROS LÓPEZ (1º ESO)
2º PREMIO ALEX DÍAZ (2º ESO)
3º PREMIO MARÍA ALVAREDO (2º ESO)

 foto das postais gañadoras

 Parabéns aos gañadores!!!

Visita á adega Regina Viarum

O noso alumnado dos ciclos de Xestión Administrativa, Administración e Finanzas, Mantemento Electromecánico e Mecatrónica Industrial visitaron o 18 de novembro a adega “Regina Viarum” en Doade (Sober) na Ribeira Sacra. Carlos Brea, técnico da viña, explicou detalladamente as técnicas de cultivo e de vendima, facendo un percorrido moi interesante por varias viñas da adega. Deseguido, visitáronse as instalacións onde ten lugar o proceso de elaboración, envasado e etiquetado do viño. Rematou a actividade cunha cata dun viño mencía da marca. Esta actividade desenvolveuse dentro do proxecto Terra no que participa o noso centro, co obxecto de achegar e valorar o potencial dos nosos recursos naturais e a súa explotación respectando o medio ambiente e as tradicións vitivinícolas.

collage de fotos da visita á adega

Licenzas Creative Commons

Creative Commons ofrece de balde a todas as persoas unha serie de licenzas  para axudar a xente a compartir os seus traballos. É o  propio autor, como dono do seu traballo quen pode escoller que tipo de dereitos deben ter as súas obras. Aqueles autores que desexen que outras persoas usen o seu traballo en determinadas condicións pódeno facer sen problemas. Con Creative Commons preténdese ter "algúns dereitos reservados" e non "todos os dereitos reservados", como no Copyright.

Creative Commons ofrece 6 tipos de licenzas.

Google, Yahoo ou Flickr xa posúen sistemas de busca de creacións con licenza Creative Commons. Na seguinte ligazón http://search.creativecommons.org/ atoparás música, vídeos, fotos, libros, material educativo e todo o que hai na rede para compartir.
Para coñecer outras formas de buscar contidos con licenza Creative Commons clic aquí

Únete a Creative Commons e fomenta a cultura libre!