Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

MAGOSTO CURSO 2017/2018

O venres 27 de outubro celebrouse no noso IES un magosto no que puidemos disfrutar dun xantar con pancetada, chourizos e castañas asadas.

Viaxe a Mérida

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º de BAC, visitou as cidades de  Salamanca, Cáceres e Mérida nunha viaxe organizada polos departamentos de Latín e Filosofía. Preme na foto para ver todas as fotos.

 

Casco histórico de Cáceres

Festival fin de curso

O venres 23 de xuño celebrouse no noso IES o festival fin de curso no que puidemos disfrutar dunha actuación musical protagonizada polo noso alumnado. Deseguido, fíxose entrega dun diploma acreditativo de graduación ao alumnado de 4º ESO e 2º FPB. E para rematar, o noso IES desexoulles a todos: un feliz verán!

Agardámosvos o vindeiro curso!

Exposición fin de proxecto no centro

Durante este curso 2016/17, un grupo de profesores e alumnado participou activamente no Plan Proxecta e en concreto no Programa Paisaxe e Sustentabilidade. Coordináronse actividades entre varios departamentos e cursos, traballouse en moitas ocasións en grupo, saíron á rúa para facer estudos e chegar ás súas propias conclusións, visitaron lugares con moita historia, disfrutaron das nosas paisaxes e tomaron conciencia da importancia do respecto á nosa contorna e das medidas de desenvolvemento sostible.

Para amosar as actividades que se foron desenvolvendo ao longo do curso, creouse o blog Horto, granxa, val, paisaxes...e rematouse cunha exposición do proxecto no edificio principal do noso IES. Grazas a todos pola vosa colaboración e participación.

Actividades formativas de RCP

O departamento de Educación Física, consciente da relevancia que ten a formación en prácticas de reanimación cardiopulmonar, organizou unha vez máis unhas xornadas de formación en RCP dirixidas tanto ao alumnado, como ao profesorado e tamén ao persoal non docente.

Esta actividade ven desenvolvéndose no noso centro desde o curso 2007/08 e cada vez son máis as persoas formadas neste tipo de prácticas, en total, neste curso foron 85. Os grupos de alumnos/as que participaron nestas xornadas foron 4º ESO, 1º BAC e 1º dos ciclos formativos que se imparten no noso IES. Na seguinte foto, vemos como o grupo de 4º ESO e 1º BAC están a practicar este tipo de técnicas que poden chegar a salvar vidas...

foto do grupo de 4º ESO e 1º BAC no ximnasio do IES nas prácticas de RCP

Graduación 2º BAC

O pasado venres 26 de maio celebrouse no noso IES o acto de graduación do alumnado de 2º de BAC coa participación de toda a comunidade educativa. Comezou o acto coa emotiva intervención de dous alumnos, un pai, a xefa de estudos e un profesor. Os alumnos lembraron con alegría os anos vividos no centro e valoraron moi positivamente a formación recibida ao longo destes cursos académicos, que lles servirá para continuar o camiño... O acto contou tamén cunha actuación musical do grupo Sons of the way  e rematou cuns aperitivos ofrecidos polo centro a tódolos asistentes.

Se picades na seguinte ligazón, podedes acceder ao álbum de fotos da graduación.

Podedes visualizar todo o acto, picando nas seguintes ligazóns: 2ª parte do vídeo do acto de Graduación de 2º BAC e 3ª parte do video do acto.

Espectáculo de Aldao + Lado

O mércores 10 de maio contamos coa presenza de María Lado e Lucía Aldao para presentarnos o seu espectáculo "Moita poesía, pouca diversión" ao cal asistiu o noso alumnado de 3º e 4º de ESO, 1º de BAC e 1º de FPB. Como peche a esta actividade, os participantes mesmo se animaron a elaborar unha poesía como mostra das súas habilidades literarias.

imaxe do espectáculo de Aldao + Lado

Viaxe ás Médulas

O 24 de abril, o alumnado de 3º ESO, acompañados polos profesores de Tecnoloxía e Clásicas, fixeron unha viaxe ás Médulas para coñecer as minas romanas e fotografar o contorno natural para o Proxecto Paisaxe, no que están a participar. Nesta ligazón, podedes ver algunha das fotos realizadas nesta viaxe.

foto de grupo camiñando polas Médulas

Roteiro por Piornedo

O día 18 de abril, vintedous alumnos e alumnas de 3º ESO do noso IES, acompañados por tres profesores, fixeron unha ruta guiada por Piornedo, no marco do Plan Proxecta, visitando tamén a Palloza-museo. Podedes ver as fotos do roteiro, picando aquí.

imaxe de grupo camiñando polo roteiro

Visita á Casa Grande de Xanceda

Os departamentos de Matemáticas e Administración organizaron unha visita á Casa Grande de Xanceda co alumnado de 1º e 2º de FPB de Servizos Administrativos e 2º de FPB de Fabricación e Montaxe o día 3 de abril. Nesta viaxe, o alumnado descubriu a diferenza entre a agricultura e gandería ecolóxica e a convencional, así como as dificultades de crear e comercializar este tipo de produtos por parte da empresa.

foto de grupo na visita á Casa Grande de Xanceda