Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Datas de avaliación de módulos pendentes de 1º curso e de módulos con perda do dereito de avaliación continua de 2º curso de ciclos formativos (marzo 2024)

CALENDARIO (Marzo 2024) das probas extraordinarias de módulos pendentes de 1º curso e de módulos de 2º curso con perda do dereito á avaliación continua (PD) dos ciclos formativos: 

CICLOS FORMATIVOS
CM Mecanizado

Departamento de Mecanizado

Departamento de FOL 

CS Mecatrónica Industrial

CM Mantemento electromecánico

Departamento Instalación e Mantemento 

Departamento de FOL

 

CICLOS FORMATIVOS
CM Xestión Administrativa

 

Departamento de Administración

Departamento de FOL

 

CS Administración e Finanzas

 

FPB Servizos Administrativos
Módulos con perda de avaliación Departamento de Administración  

 

FPB Fabricación Mecánica
Módulos pendentes de 1º

 

Departamento de Mecanizado

 

Módulos con perda de avaliación

Entroido no IES

Chegou o entroido e no noso IES celebrouse esta festa cun concurso de disfraces dirixido a toda a comunidade educativa, no que se valoraba especialmente a orixinalidade e o uso de materiais de refugallo para a elaboración dos disfraces. Houbo premios para as diferentes categorías que participaron, e sobre todo, houbo moito inxenio, animación, colaboración e ganas de troula por parte dos participantes (alumnado de diferentes cursos e tamén profesorado).

Parabéns a todos e viva o entroido!

foto entroido

Ensaio aberto da obra Boa sorte, mala fama

O Concello de Sarria convidou a todos os alumnos e alumnas de 4º da ESO do noso centro o pasado mércores 31 de xaneiro a asistir ás 10:30 h na Casa da Cultura ao ensaio aberto da función de Tarabela Creativa, coa obra "Boa sorte, mala fama". Deseguido, celebrouse un encontro coas artistas, actividade que nos permitiu adentrarnos na forma de traballar nesta arte escénica. O noso agradecemento ao concello e aos artistas participantes.

Foto ensaio teatral

Visita á Residencia de Persoas Maiores de Sarria

O mércores 20 de decembro, un grupo de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Residencia de Persoas Maiores de Sarria para facer entrega das postais realizadas polo alumnado de Formación Profesional das familias de Administración, Mantemento e Mecanizado e da ESA. Acolléronnos con moito agarimo e agradecemento por dita visita e compartimos sorrisos, abrazos e mesmo consellos para a vida que foron toda unha lección maxistral, sen dúbida, unha experiencia para volver repetir. Grazas á nosa xente maior que tanto nos deu e tanto nos segue a dar!

foto visita residencia personas maiores

 

Taller educativo Generación + sostenible

O alumnado da ESO do noso centro participou o mércores 20 de decembro no taller educativo "Generación + sostenible" impartido pola Fundación Laboral do Cemento e Medio Ambiente. 

Taller generación +sostenible

Visita ao Pazo da Opera de A Coruña e a Casa das Ciencias

O alumnado de 4.º ESO de Música asistiu o venres 1 de decembro ao Pazo da Ópera de A Coruña para escoitar a Orquestra Sinfónica de Galicia. O ensaio tivo lugar ás dez da mañá. Interpretaron os catro movementos da Sinfonía n.º 4 en mi menor, op. 48 de Johannes Brahms (1833-1897) dirixida polo seu titular Roberto González Monjas (1988).

foto no Pazo da Ópera

Posteriormente, o grupo asistiu á Casa das Ciencias. Foi afortunados porque gozou dunha fermosa sesión en directo no Planetario.

Esta actividade foi organizada pola profesora de Música do noso centro, Paula Fernández Fernández e tamén a acompañou a esta visita cultural a profesora Elena Corujo.

Obradoiro sobre a Metodoloxía Sprint de Google

O pasado martes 28 de novembro, Pablo Osorio, da consultora Píldoras Digitales, impartiu aos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro sobre a metodoloxía Sprint de Google, dirixida á creación e validación de ideas de negocio.

Co desenvolvemento desta actividade remata o segundo ciclo de actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do noso centro, todas elas financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Podedes ver as fotos do obradoiro na seguinte ligazón.

foto obradoiro metodoloxía sprint

Mes da Ciencia en Galego

Durante todo o mes de novembro, celebramos no noso centro educativo o Mes da Ciencia en Galego. Foi unha iniciativa xurdida desde o Departamento de Tecnoloxía e na que o Equipo de Dinamización da Lingua galega (EDLG) e a Biblioteca traballamos en conxunto para que todos os xoves deste mes durante o recreo, alumnado e profesorado de diferentes departamentos compartiran coa comunidade educativa coñecementos científicos a través de retos, experimentos, xogos, mostras... 

Os Departamentos que participaron nestas xornadas foron o de Tecnoloxía, Física e Química, Matemáticas, Bioloxía e Mantemento/Mecanizado. Se accededes ao seguinte álbum podedes ver fotos das diferentes xornadas do Mes da Ciencia en Galego no Gregorio.

Mes da Ciencia en Galego no Gregorio 

Presentación do libro "A Paradela dos máis novos"

O xoves 30 de novembro, na biblioteca do noso centro celebrouse a presentación do libro "A Paradela dos máis novos" e lembrouse con moito agarimo o traballo realizado polo noso benquerido compañeiro Eduardo Rey Moure, que foi o coordinador dos traballos aportados polos alumnos/as de Paradela do noso centro.

Asistiron ao acto o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, a Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia, Marta Barreiro, o xornalista e escritor Xulio Xiz, Lola Chaos como coordinadora dos traballos realizados polo alumnado do IES Xograr Afonso Gómez e Ana Isabel López Valín, coordinadora do EDLG do noso centro. Ademais, achegáronse á biblioteca moitos dos alumnos e alumnas que colaboraron na creación deste fermoso libro, algúns deles procedentes do IES Xograr. Compartiron cos asistentes a súa experiencia neste proxecto, leron algún texto do libro e lembraron con moito afecto a dedicación ao que fora o seu profesor e impulsor neste proxecto, Eduardo. Foi un acto moi emotivo, de agradecemento, de recordos e de posta en valor do patrimonio cultural, turístico, de lecer... do concello de Paradela.

foto do acto

Concurso carteis 25 de novembro

O Departamento de Xeografía e Historia en colaboración co EDLG organizou o concurso de carteis do 25 de novembro Día Internacional contra a violencia de xénero no que se convidou a todo o alumnado a elaborar un cartel en contra da violencia de xénero para visibilizar esta lacra social e promover a igualdade de xénero e o respecto entre as persoas, sexa cal sexa o xénero. Móstrase unha foto da exposición feita na entrada do edificio principal do noso centro.

Exposición carteis 25 N