Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
Este venres 2 de decembro, o director de hidráulica da compañía Gas Natural Fenosa, Jordi Vich, inaugurou coa colocación dunha placa conmemorativa a restauración dunha turbina de 9.000 quilos de peso utilizada para a xeración de electricidade e procedente da central hidráulica situada no embalse de Albarellos en Ourense. Esta peza foi restaurada por alumnado da FPB e de ciclos formativos, baixo as directrices do noso profesorado, e mesmo a dotaron cun sistema de iluminación mediante leds que fai que esta turbina se convirta nun importante elemento decorativo no xardín do noso IES.
Esta empresa tamén nos cedeu dous paneis de ensaios dunha central hidroeléctrica de principios de século XX, rehabilitados e colocados nunha vitrina no vestíbulo do noso IES.
A dirección do centro agradeceu a esta compañía a súa colaboración neste tipo de actividades e o interés mostrado pola formación que recibe o noso alumnado.
Por primeira vez unha alumna do noso IES do ciclo superior de Administración e Finanzas participa nunha mobilidade Erasmus+ consistente nun período de prácticas de tres meses na cidade irlandesa de Galway. Proximamente outro alumno do ciclo superior de Mecatrónica Industrial iniciará o seu período de formación en centros de traballo na empresa Mercedes Benz en Bremen, Alemania.